O Calvo Xiria Volei recibirá o sábado ás 20h ao CV Pontevedra Ence, no que será o último encontro do ano. Os pontevedreses, penúltimos clasificados, intentarán dar a sorpresa fronte a un Calvo Xiria Volei que pretende escalar postos na táboa e achegarse aos líderes.
Tralo encontro terá lugar un parón de dúas semanas na competición. Aproveitando as festividades, dende o Calvo Xiria convidámosvos a disfrutar do volei co I Torneo Navideño 4×4 Xiria Volei, o sábado 28 de decembro, inscribíndovos a través da seguinte ligazón https://forms.gle/YTdYsBHa3pxoC6CUA
O XIRIA VOLEI DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS