Xornada complicada para Xiria Volei

Presentación categorías inferiores 2015-2016 Xiria Volei

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 12:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Asesoría Cervantes Xiria – CV Bruxas

0 – 3 (24-26/21-25/24-26)

Encontro complicado que non tivo bo final para o Xiria Volei. As carballesas necesitaban lograr un punto para certificar o seu pase a seguinte fase entre os seis millores da 1ª División Autonómica Senior, pero non puido ser. Tal e como reflexan os tanteos o encontro foi moi axustado pero as carballesas non obtiveron recompensa.

No primeiro xogo, os equipos mativeron as súas opcións ata o final do set, cando se adiantou o equipo local e estivo a punto de pechar o set, pero nun par de xogadas moi discutidas polas decisións arbitrais, igualaron o marcador e descentraron ó equipo que non puido evitar que as xogadoras de Ames subiran o primeiro set o seu casilleiro.

As xogadoras de Carballo, seguiron mantendo as súas opcións no segundo set, aínda que as imprecisións no xogo non lles permitiron ir por diante, o que aproveitaron as xogadoras do Bruxas para levarse o segundo set.

Co encontro moi costa arriba, o Xiria adiantouse no marcador con certa claridade xa que as visitantes comezaron a cometer moitos mais erros, xa pasado a metade do set, no que o Xiria mantiña unha vantaxe de catro tantos, o equipo visitante desfixo os cambios introducidos no equipo titular e apretou no seu xogo, ata igualar co Xiria despois dunha tanda de saques que fixeron moito dano ás xogadoras carballesas. As imprecisións cambiaron de bando, e pese a manter as opcións ata o final de set, o xogo caeu outra vez da banda das de Ames, que pecharon o encontro o seu favor.

A falta de xogar a vindeira semana o último encontro da primeira fase da liga, o Asesoría Cervantes Xiria mantense na sexta posición, que dá opcións a xogar na segunda fase polo título e garanter a permanenza. As carballesas seguen a depender de si mesmas, pero se lles complican as opcións xa que a vindeira semana xogan na casa do líder onde será moi complicado puntuar.

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 12:00 h
P.M. Restollal (Santiago de Compostela)

C.V. Santiago – Gestiber Xiria

3 – 0 (25-10/25-12/25-18)

Penútilmo encontro da 1ª Fase, no que as carballesas xa non se xogaban nada debido a que deberán xogar por non descender de categoría e manterse na 2ª división autonómica xuvenil.

As xogadoras do Gestiber Xiria, foron de menos a mais nun encontro que se presentaba complicado xa que xogaban contra as segundas clasificadas, ademais as verdinegras viaxaron moi xustas debido a lesións e a que varias xogadoras tiveron que quedar en Carballo para disputar o encontro de categoría senior. Aínda así, a pesar das baixas o equipo loitou en todo momento.

A vindeira xornada disputarase en Carballo, o sábado ás 12 h no Carballo Calero, o último encontro da fase ante o Xav Cambados.

Domingo 14 de Febreiro de 2016 – 10:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)

Hierros Varela Urbieta Xiria – Podoloxía Esteiro Narón Volea

0 – 3 (23-25/26-28/12-25)

Bo encontro o disputado polas pupilas de Outeiro, no último encontro da primeira fase. Os dous primeiros clasificados non se xogaban nada xa que estaban clasificados de anteman para xogar a promoción de ascenso.

O Xiria plantoulle cara ó líder invicto do grupo, e estivo a piques de gañar os dous primeiros sets, pero a tranquilidade nas filas do equipo de Narón decantou os sets do seu carón. O último set, xa non tivo mais historia e o Xiria xa non puido facer nada ante o bo xogo rival.

Nos vindeiros días publicarase o calendario da segunda fase no que as carballesas se xogarán o ascenso á 2ª división autonómica cadete.

DEPORTE ESCOLAR
Sábado 13 de Febreiro de 2016
P. Monte das Moas (A Coruña)
10:30
Xiria A  – Montespiño (Infantil)
1 – 2

Encontro para aprender, no que as carballesas comezaron gañando o primeiro set con certa claridade. No segundo, as imprecisións e os nervos fixeron acto de presenza o que permitiu ó Montespiño crecerse e anotarse o set para empatar. No xogo polo desempate, as carballesas comezaron con moitos erros o que provocou que o Montespiño se distanciara claramente no marcador, cun 3-9 abaixo, comezou a remontada pero non foi suficiente, acabando o set cun 12-15 abaixo.

10:35
Xiria  – Narón Volea (Alevín)
0 – 2

As carballesas foron de menos a mais, nun encontro no que o Narón dominou con claridade no primeiro set, pero no segundo o Xiria estivo a punto de empatar, rematando o set 23-25. Boas sensacións, e mellorando día a día. Risas e diversión nunha mañán chea de volei.

11:45
Xiria B  – Calasancias B (Infantil)
2 – 1

O Xiria B de categoría infantil, estreábase o sábado no Monte das Moas, o equipo dominou con claridade dende o saque para anotarse os dous primeiros sets. No terceiro set, o Calasancias fixo un moi bo xogo e conseguiu anotarse o derradeiro xogo do encontro.