O CALVO VOLEI XIRIA RETOMA Á COMPETICIÓN

O Calvo Xiria retomará a competición, o sábado ás 17h en Cambados, tralo parón para encontros aplazados. Os verdinegros ocupan a cuarta posición na clasificación con 9 puntos, a 4 do líder, mentres que A Leria Cambados figura como quinto clasificado na táboa, con 8.
Tralos enfrontamentos contra os líderes da competición, os próximos partidos álzanse como unha boa oportunidade para os carballeses na procura de atopar o seu mellor nivel de xogo.