Longa xornada con dous encontros para as xogadoras carballesas que disputaron onte en Lugo o encontro aprazado da 1ª xornada fronte ó Emevé, acadando unha victoria necesaria para a confianza do equipo tras un comezo dubitativo de liga.
Despois dun primeiro set gañado con superioridade no que as xogadoras do Xiria mostráronse contundentes, apareceron nos seguintes sets moitos erros non forzados que apretaron o marcador e fixeron que o equipo fose a remolque. No segundo set salváronse dous puntos de set a favor do Emevé para rematar gañando o set, pero no terceiro a remontada do Xiria chegou tarde caendo o set a favor do equipo de Lugo. O set perdido fixo mella no ánimo das carballesas que comezaron abaixo cun 13 – 3 en contra, pero a remontada foi posible para pechar o partido a favor do Asesoría Cervantes Xiria.
Emevé 1 – 3 Asesoría Cervantes Xiria (13-25/25-27/27-25/24-26)
31/10/2015 – 12:00 h – Pavillón Municipal de Lugo
1. Jennifer García, 2. Elva Cancela, 8. Uxía Caamaño, 10. Jessica Cotelo, 11. Ana Rostro, 13. Raquel Noya, 14. Paula Rodríguez, 19. Silvia Rodríguez, 20. Sofía Vila (líbero), Asier García de Dios (1º Adestrador) e Rosalino Mariño (2º Adestrador).