Encontros Xiria Volei 7 e 8 de Novembro

Cartel partidos 7-8 novembro 2015

O vindeiro sábado o Xuvenil de Teis recibirá ao Asesoría Cervantes Xiria no Pavillón Municipal de Teis (Vigo) ás 20 h en partido correspondente á quinta xornada de liga. Ámbolos dous equipos ocupan a sétima e oitava posición respectivamente na 1ª División Autonómica Senior Feminina, empatadas cun partido gañado cada equipo. Esta é a oportunidade para o plantel carballés de demostrar a melloría no xogo acadado o pasado fin de semana e voltar a senda dos triunfos gañando a un equipo que está en situación similar na táboa clasificatoria.

A pesar das baixas que segue a presentar o equipo, as xogadoras mostran moitas ganas por traer a victoria para Carballo esta xornada. Son baixa Bea, Silvia e Jessi; e dúbida Ana Vanessa e Elva. Ademais do resto das xogadoras, o adestrador poderá convocar a nova xogadora Lucía González que volta á disciplina do Xiria, para axudar a completar a plantilla que está moi mermada en número neste comezo de tempada.

Tamén tócalle xogar fora ao Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina, nesta ocasión visita terras ferrolás, para enfrontarse ao cuarto clasificado na liga o Vagalume Ferrol. As rapazas de Carballo ocupan a oitava posición, nun arranque ligueiro no que a tensión e os nervos están a xogar unha mala pasada ao equipo, que está a cometer demasiados erros propios nos encontros. Esperáse contar con todo o plantel para o encontro agás Sabela que é baixa por enfermidade.

Moita sorte para os encontros e moito ánimo para as xogadoras lesionadas.

¡Forza Xiria!

♥♥♥