As xogadoras Ainara Cancela e Adriana Cambón da A.D. Xiria venceron na primeira proba do Campionato Galego de Voleipraia na praia do Ezaro celebrado este fin de semana.
Bo inicio das xogadoras da A.D. Xiria no campionato galego de Voleipraia na categoría de infantil gañando todos os partidos e conseguindo a victoria na primeira proba do circuito. A seguinte proba disputarana na praia de Malpica o próximo día 1 de agosto.