As senior e xuvenís á espera dos seus choques en Pontevedra e Vigo

cartel-encontros-15-de-outubro-2016Segunda xornada para as senior e xuvenís de Xiria Volei lonxe do seu feudo.

O sábado as xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria visitarán ao Club Voleibol Pontevedra Alianza Española Seguros no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás 17h. Os dous equipos  xogaron dous encontros duros na primera xornada con sorte dispar, as pontevedresas conseguiron gañar un axustado encontro ante un recén ascendido, sumando dous puntos; e as verdinegras que xogaron na casa na xornada pasada, conseguiron un punto a pesar da derrota pola mínima, e sitúanse sextas na 1ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina.

O encontro vai ser moi complicado e mais se cabe polas baixas do equipo, aínda así o equipo sabe que é unha carreira de fondo e que o importante é ir mellorando individual e colectivamente pouco a pouco, ao que hai que sumarlle a espera de incorporar algún novo efectivo e recuperar algunha das xogadoras que son baixa nestes primeiros encontros. Aínda así as xogadoras de Christian Pallas, loitarán por traer a victoria para casa e así seguir sumando puntos nestes inicios de tempada.

O Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil tamén xogará fóra o sábado ante o Club Vigo Voleibol ás 16h no PM de Coia. A primeira xornada deparou resultados moi distintos para os contendentes desta xornada. As carballesas, cun equipo moi xoven e inexperto caeron con claridade ante o seu rival, nembargantes as viguesas conseguiron unha victoria moi cómoda na primeira xornada, demostrando a veteranía do equipo. O equipo afronta o encontro con ilusión e con gañas de ir mellorando o seu rendemento pouco a pouco sabedoras de que conforman un equipo moi inexperto e con moito marxe de mellora. As verdinegras ocupan a oitava posición neste comezo de liga.