Fin de semana para olvidar en Xiria Volei

Presentación categorías inferiores 2015-2016 Xiria Volei

Presentación categorías inferiores 2015-2016 Xiria Volei

O fin de semana finalizou hoxe con outra derrota, esta vez por parte do equipo senior. O Asesoría Cervantes Xiria visitaba a cancha do C.V. Bruxas ca ilusión de meterse na pelexa polos postos medios da táboa clasificatoria, pero nada mais lonxe da realidade. Despois de sumar nas dos últimas xornadas, non puido ser, nun mal encontro das verdinegras que sumaron unha derrota por 3-0 (25-18/25-15/26-24). As xogadoras de Asier e Rosalino, mostráronse moi desconectadas e aínda que por momentos conseguiron ir por diante no marcador foi tan so unha ilusión. No terceiro set o equipo tratou de forzar o cuarto pero a distancia acadada polas de Ames non permitiu a remontada das carballesas. A próxima xornada o equipo recibirá na casa ao C.V. Pontevedra segundo clasificado, nun partido moi difícil, para finalizar a primeira volta desta primeira fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina.

O sábado á mesma hora xogaron as xuvenís e cadetes, que non puideron cos seus rivais. O Gestiber Xiria de 2ª División Autonómica Xuvenil recibía ao C.V. Santiago nun encontro onde as de Carballo perderon por 0-3 (17-25/11-25/23-25). Un encontro sen mais historia no que o Xiria errou gravemente na recepción desencadeando unha victoria moi sinxela para as santiaguesas.

Pola súa banda as cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria plantaron cara ao Narón Volei no primeiro e segundo set desplegando un moi bo xogo pero a partir de eiquí non houbo que facer e as de Narón distanciáronse claramente no marcador para levarse o encontro por un 1-3(17-25/25-21/9-25/13-25).

A parte positiva da semana foi a presentación o xoves das categorías inferiores do Xiria Volei para a tempada 2015-2016, no que competirán 7 equipos conformados por uns 70 xogadores.