O equipo cadete Breijo Xiria a punto de rematar a tempada regular

Ao equipo Breijo Xiria quédanlle dúas xornadas que se xogarán esta misma fin de semana, contra Zalaeta en Carballo e contra Vigo fora da casa para rematar a tempada regular. Dous partidos importantes de cara a preparación dos Xogos do Eixo Atlántico onde terán que ir a xogar a Portugal.

Falamos co seu entrenador Dani para que nos contase cómo foi a experiencia da primeira tempada federada das rapazas e esta foi a súa explicación:

 

– «Iniciamos esta temporada sabendo que ía a ser complicada, debido ao salto de nivel con respecto á competición escolar. Empregamos o alto rendemento dos equipos rivais para prepararnos tanto física como mentalmente en vistas ao ano que ven, no que esperamos acadar un desempeño máis competitivo.
Cabe mencionar a evolución positiva do equipo pese á dificultade mencionada anteriormente. Quedan dúas xornadas por disputarse contra o CV Vigo e o Zalaeta, onde esperamos seguir demostrando a nosa mellora e sumar minutos de xogo.
Por último, o vindeiro xullo estaremos a participar nos Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán en Portugal, en representación do Concello de Carballo. Este acto será unha gran experiencia para as nosas rapazas!»

 

Esperemos que acudades todos a animar ás nosas cadetes no seu último partido en Carballo! Pronto avisaremos dos horarios.