O sábado poderemos vivir en Carballo unha tarde chea de voleibol no P.M. Carballo Calero.
Ás 16 h saltan á cancha o Gestiber Xiria e o Asesores Vila de Castro, en encontro correspondente a 3ª xornada da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina. Ningún dos dous equipos coñecen a victoria, polo que parece un encontro idóneo para que as carballesas solten todos os nervos e se deixen a pel no campo para mostrar a súa melloría a todos os siareiros. As xogadoras de Beatriz Souto, están a traballar con moita ilusión ca firme intención de asentar o seu xogo e ir gañando confianza encontro a encontro.
De seguido, previsto para as 18h revivirase a pasada final do Campionato Galego Senior Feminino. O actual campión e subcampión fronte a fronte, nunha situación moi diferente a da final da pasada tempada. As carballesas seguen ao seu ritmo, tentando mellorar o seu rendemento pouco a pouco. A intención das xogadoras dirixidas por Christian Pallas e seguir sumando minutos a súa preparación e procuraran dar a mellor imaxen posible e, por que non, poñer en apuros ás visitantes para sumar puntos neste encontro. Tarefa difícil, tendo en conta que o equipo non foi capaz na pasada edición ligueira de gañarlle nin un só encontro ao Caldaria VoleyOurense. As xogadoras do Asesoría Cervantes non perden a ilusión, a sabendas que a tempada pasada comezaron con moitas derrotas ata que comezou a asentarse o xogo, proclamándose subcampionas nunha tempada épica na que remontaron dende a penúltima praza.