Broche de ouro para finalizar a tempada do Asesoría Cervantes Xiria


Foto 20-2-16 19 59 13
Chegou o día, despois dunha tempada complicadísima no que o plantel sufriu moito para xuntar xogadoras semana tras semana, o Asesoría Cervantes Xiria logrou o premio de clasificarse para a Fase Final polo título da 1ª División Autonómica Senior Feminina.

Cabe recordar que o equipo é un recén ascendido, e aínda que na pretempada sabíase que o plantel podía dar moito nesta competición, os comezos xa foron complicados con dúas xogadoras que aínda estaban de baixa dende a tempada anterior. Durante a pretempada, na Copa Galicia houbo que sumar outras lesións que mermaron mais se cabe o equipo, que sumadas ás anteriores deixaban ó equipo baixo mínimos. Co comezo da tempada oficial, o equipo incorporou a varias ex-xogadoras do Xiria da época na que o clube militaba na 1ª División Nacional. O pouco tempo para adestrar e as baixas, lastraron ó equipo que finalizou a primeira volta da liga regular penúltimo. Moi lonxe dos seis primeiros postos que daban a opción a loitar polo título, así coma garantizaban a permanenza, obxectivo principal para a presente tempada. Pouco a pouco chegaron resultados, e o equipo conseguiu no último intre clasificarse como sexto no último encontro da 1ª Fase, gañando na casa do segundo clasificado, algo que parecía moi complicado. Xa na segunda fase, a pesar de quedar encadrados nun grupo con dous equipos a priori superiores, o conxunto non se amilanou e loitou para conseguir unha clasificación que chegou pronto en comparación co acaecido anteriormente para alegría de todos.

O equipo carballés xogará hoxe polo título, un premio despois do sufrido durante a tempada. As verdinegras saben que o que toca agora e divertirse e desfrutar xogando. O equipo é realista e sabe que non parte como favorito, pero tratarán de dar a sorpresa a pesar de acudir moi xustas, con dúas baixas importantes do septeto titular e con varias xogadoras con problemas físicos.

O Asesoría Cervantes Xiria xogará ante o CV Bruxas – IES Ames as semifinais (10:00 h no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense), o equipo de Ames quedou terceiro na 1ª Fase e líder invicto do seu grupo na 2ª Fase. As carballesas caeron derrotadas nos dous encontros disputados esta tempada fronte ás de Ames, pero agora a situación e a presión son distintas e tratarán de poñer a balanza do seu favor a pesar das estadísticas. Os técnicos García de Dios e Mariño creen que a clave vai a estar en como entren na pista as carballesas, se saen á pista enchufadas e concentradas poderán despregar tódolo seu xogo e se convertirán nun rival difícil de batir. O minizar os erros non forzados e tirar de veteranía poden ser o punto extra que necesitan as carballesas para competir o seu máximo nivel.

Ó mesmo tempo disputarase a outra semifinal entre, o máximo favorito, o Caldaria VoleyOurense e o Calasancias Coruña. Aínda que favorito, o Caldaria, ten que estar moi atento xa que o Calasancias é un equipo tamén con xogadoras veteranas e que pode dar a sorpresa en calquer intre. Será moi importante tamén se os equipos teñen baixas ou non, xa que esto será clave para igualar a contenda ou todo o contrario.

Os equipos perdedores das semifinais xogarán polo bronce ás 15:00 h no mesmo escenario, para a continuación dar comezo ás 17:00 h á gran final. Os dous equipos finalistas obterán praza para disputar a fase de ascenso a 1ª División Nacional que se disputará entre o 6 e o 8 de maio en Avilés, pero só un se alzará co título de Campión Galego.

A entrega de premios está prevista para as 21:00 h, unha vez que finalice a final masculina, xa que se disputa tamén a final a catro masculina senior en paralelo no mesmo complexo deportivo.

Os técnicos carballeses contarán para a final a catro con: as xuvenís Sofía Vila, Uxía Caamaño, Gema Aldana e Patricia Fernández; e cas senior Beatriz Souto, Jennifer García, Silvia Rodríguez, Lucía González, Raquel Noya e Loreto Tarrío.

IMG_2865

IMG_2870

IMG_2806

IMG_2827

IMG_2462