O Hierros Varela Urbieta Xiria cadete comeza a eliminatoria polo ascenso en Carballo

Cartel 7 maio 2016

Chega a hora da verdade para o Hierros Varela Urbieta Xiria de categoría cadete despois dunha longa tempada. Os dous próximos fines de semana xogan a eliminatoria polo ascenso a 2ª División Autonómica Cadete ante o Fisioterapia Cinesia Noia. Os dous equipos chegan a esta eliminatoria despois de xogar esta tempada na 3ª división cadete.

As carballesas quedaron na segunda fase segundas no grupo provincial, e xa na 2º fase autonómica non puideron fronte os seus rivais aínda que mostraron unha evolución moi favorable no seu xogo. O encontro de ida xogarase este sábado en Carballo, no P.M. Vila de Noia ás 18:00 h. As bergantiñáns esperan deixar tódolos nervios na porta do pavillón e mostrar o seu bo facer para conseguir unha victoria que sería vital para as súas aspiracións. As xogadoras de Luis Outeiro conforman un equipo moi xoven conformado íntegramente por xogadoras de primeiro ano e infantís, pero esta falta de veteranía tradúcese na pista en gañas de loitar e mellorar día a día.

Encontros 7 de mayo 2016 alevin

Este sábado o Xiria de categoría alevín dará por rematada a tempada co seu último encontro na competición de Xogade de Deporte Escolar. Igual que o longo da tempada xogará no Pavillón coruñes do Monte das Moas ás 11:45 h fronte ó Colexio Eirís da Coruña. As xogadoras de Outeiro seguen a traballar día a día cunha boa progresión, cun equipo con moitas xogadoras de primeiro ano que darán moita guerra de seguro a tempada que ven.