Ó Asesoría Cervantes Xiria de 1ª División Autonómica Senior Feminina tócalle madrugar, este domingo desprázase ata A Coruña para visitar ó 3º clasificado, o Zalaeta. O encontro xogarase ás 10:00 h no Pavillón Municipal do Barrio das Flores (A Coruña). Na primeira volta o equipo carballés gañou na casa por un claro 3-0, pero a pesar dos antecedentes o encontro vai a ser moi complicado e a priori o favorito é o Zalaeta. As xogadoras de Asier deberán mostrar un xogo sin fisuras para ter algunha opción de puntuar neste encontro, algo que se antoxa moi difícil pero que é moi importante para que o Xiria se manteña en postos de xogar a 2ª fase polo título, agora ocupa a sexta posición na táboa clasificatoria. A falta de catro xornadas para rematar a 1ª Fase, o Xiria está entre os seis mellores, pero necesita sumar puntos, xa que a clasificación está moi parexa e calquer equipo pode dar a sorpresa. Despois dun mal comezo de tempada, as carballesas comezan a tomarlle o pulso á competición, nesta 2ª volta despois de cinco encontros disputados, conseguíronse catro victorias, so caendo derrotadas na casa do líder nun encontro moi axustado.
Na 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina, o Gestiber Xiria xogará na casa de As Mariñas Oleiros o sábado ás 10:00 h no Pavillón do colexio Valle Inclán (Oleiros). As carballesas nestes momentos ocupan a penúltima praza da liga e están avocadas a xogar por non descender. O equipo dirixido por Souto e Tarrío, está dando pequenos pasos na mellora do seu xogo, estes encontros ata finalizar a 1ª Fase son un bo adestramento para facer axustes de cara á loita por non descender.
Pola súa banda, o equipo dirixido por Outeiro, segue ocupando prazas para xogar polo ascenso. Reciben no P.M. Vila de Noia (Carballo) ó Santa María do Mar coruñés, o sábado ás 16:00 h.