Este sábado comezan as competicións oficiais de voleibol, co debut dos equipos senior e xuvenil na casa.
O actual subcampión galego, o Asesoría Cervantes Xiria da 1ª División Autonómica Senior feminina debuta no P.M. Vila de Noia o sábado ás 20:00 h ante un duro rival o CV Bruxas – IES Ames, cuarto clasificado a tempada pasada. As de Ames son un equipo moi forte que na campaña anterior soamente perderon ante as verdinegras un dos tres encontros disputados. Toda unha incógnita de encontro, no que as baixas que presenten os equipos e o rodaxe dos mesmos serán primordiais para o devenir do encontro.
Debuta no banquiño o carballés Christian Pallas, cun obxectivo claro, que as xogadoras desfruten facendo a súa labor o que tarde o un temprano reflectirá nos resultados. Mais aló de isto, os obxectivos teránse que marcar encontro a encontro en función da evolución do xogo do plantel. A falta de rodaxe e as lesións marcarán un inicio de tempada ca base do equipo que finalizou a tempada pasada e algunha nova incorporación, e na procura de conseguir algunha alta mais para pechar o plantel.
Tamén o sábado debuta na casa o Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina, ás 12 h no P.M. Carballo Calero ante o Podoloxía Esteiro – Narón Volea. A tempada pasada conseguiuse a permanenza, e este ano hai unha renovación importante do plantel, con xogadoras moi xóvenes que ca axuda das veteranas tentarán sacudirse os nervos e medos para consolidar o grupo e poder ir mellorando encontro a encontro.
O equipo cadete do Almacenes Agro Xiria terá que agardar ata novembro que comeza a 3ª División Autonómica feminina despois de acariciar o ascenso a tempada pasada. Un equipo con moitas xogadoras de primeiro ano e con moito marxe de evolución.
As categorías infantil, alevín e benxamín agardarán probablemente ata xaneiro coma o ano pasado (a falta de confirmación oficial) para mostrar os seus progresos nas competicións de deporte escolar.