Este domingo disputouse en Carballo o encontro da terceira xornada senior da Primeira división autonómica. Partido que enfrentaba ao Xiria Calvo contra un dos favoritos, o Asesores Vila Castro de Ourense.
O partido comenzou moi parexo, onde había alternativas para os dous bandos, ata que o Xiria Calvo, comandado por el colocador Rancaño sacou unha ventaxa suficiente para acabar levando a primeira manga por 25 – 22.
No segundo set, os locais tiveron unha desconcentración que se palpaba desde a grada e deixaron escapar o parcial cun rotundo 16 – 25.
No terceiro set, parecía que o Xiria Calvo non atopaba a súa esencia e, cun parcial de 12 – 25, parecía que estaban afundidos, sen encontrar a clave.
No cuarto set, e después dun traballo físico e psicolóxico dos rapaces «de verde», todo cambiou. As charlas do entrenador Luis Outeiro, pareceron facer efecto na cabeza dos seus pupilos, que levaron o cuarto set por 25 – 19, motivando así ao público que se volcou na posible remontada.
Xa no quinto set, e co empuxón dos asistentes, o Xiria deu un golpe na mesa cun parcial de 8 – 2 que o visitante Asesores Vila Castro non foi capaz de combatir. O quinto set e a victoria levouna o Xiria Calvo cun 15 – 8.
De esta forma o equipo de Carballo segue entre os tres primeiros, detrás de Ourense y Vigo, pero cun encontro menos disputado.
Agora os carballeses preparanse para a súa primeira viaxe, neste caso a Rianxo, onde xogarán o sábado pola tarde.
O sábado ás 12:00 horas disputouse o encontro das alevíns Xiria Hierros Valera Hurbieta de primeira división, contra o Ribeira Sacra. As pequenas non puideron contra as visitantes nun partido moi entretido, que acabou 0-2 (18-25 y 19-25). O sábado desprázanse a Lugo, para enfrentarse ao EMEVE, moita sorte!