O Asesoría Cervantes Xiria conseguiu un punto moi valioso na casa do Jealsa Boiro, a pesar da derrota. O encontro caeu do lado das boirenses cun axustado 3-2 (16-25/25-18/25-18/21-25/15-5). As carballesas comezaron fortes no primeiro set e aínda que o Jealsa apretou no marcador non puido remediar a vantaxe conseguida polo Xiria. Nos seguintes dous sets as tornas cambiaron e foi o Boiro o que conseguiu tomarlle a medida ás xogadoras do Xiria, que foron a remolque nos dous sets sen poder facer nada contra o xogo das de Boiro. No cuarto set o Xiria conseguiu tomar vantaxe tras forzar no saque e buscar a xogadora rival mais débil na recepción o que decantou o set a favor das de Carballo. No último set, despois duns primeiros tantos igualados no marcador as de Boiro tomaron unha gran vantaxe debido ao cansanzo e as imprecisións das visitantes para rematar o partido con claridade.
A Primeira Autonómica Senior feminina está moi igualada na parte media e final da táboa xa que o Xiria a pesar de estar penúltimo clasificado está a so unha victoria do quinto clasificado, o C.V. Bruxas que recibirá ás de Carballo a vindeira xornada.
O Xiria reforzouse nesta xornada cun novo fichaxe Uxía García, xogadora da casa que volta despois duns meses fora do equipo e que axudará a fortalecer ao equipo neste comezo de liga repleto de baixas.
Ata Boiro desprazaronse as seguintes xogadoras: 7. Rodríguez, 1. J. García, 9. N. Cotelo, 10. J. Cotelo, 11. Rostro, 4. Souto, 2. Cancela, 13. Noya, 14. Tarrío, 12. González e 20. U. García. Adestradores García de Dios e Mariño.
O Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina cosechou un mal partido en Cambados fronte ao XAV. O encontro non tivo mais historia e as xogadoras caeron derrotadas por un 3-0 (25-13/25-11/25-12). A vindeira semana o Xiria espera na casa ao C.V. Santiago.
Pola súa banda o equipo cadete non puido xogar nesta xornada debido a falta de árbitros, polo que o partido tivo que ser aprazado. A vindeira semana as pupilas de Luis Outeiro viaxarán ata Narón.