O vindeiro sábado haberá moito voleibol no Pavillón do Monte das Moas (A Coruña), ó longo da mañán sucederanse en tres pistas os encontros correspondentes a 2ª xornada de Deporte Escolar.
As infantís do Xiria A, xogan contra o Narón Volea no que é o seu segundo encontro nesta tempada, despois de xogar a semana pasada fronte as súas compañeiras do Xiria B. O encontro está previsto ás 10:30 h na pista 3. O Xiria B non se desprazará ata A Coruña xa que lle toca xornada de descanso.
Pola súa banda, as xogadoras alevíns do Xiria debutan na competición xa que a semana pasada por calendario non lles tocou xogar. Previsto para as 11:45 na pista 2, enfrontaranse ó Zalaeta coruñés.
O seguinte fin de semana, haberá parón por mor dos carnavais.