Domingo 24 de Xaneiro de 2016 – 12:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Asesoría Cervantes Xiria – Secreto Galaico Xuvenil de Teis
3 – 1 (25-18/25-15/17-25/25-15)
Un encontro cómodo para as locais, que aproveitaron o seu saque para ir collendo vantaxe e marcar distancias co equipo vigués. Cun 2-0 a favor as carballesas relaxáronse, o que as levou a ir por detrás no marcador despois de cometer moitos erros en tódolos aspectos de xogo, momento que aproveitou o rival para facer mais dano co saque e marcharse no marcador ata finalizar o set sen que o Xiria puidese facer nada. No cuarto set, as locais a sabendas de que non podían permitirse ir ó quinto set e perder algún dos puntos que estaban en xogo, o Asesoría Cervantes Xiria non fallou, e conseguiu a victoria sumando os tres puntos en liza.
A falta de catro xornadas para rematar a primeira fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina, o equipo adestrado por Asier García de Dios, segue a manter vivas as súas opcións de entrar entre os seis mellores equipos da categoría e meterse no grupo que loitará polo título na segunda fase da competición ligueira. As verdinegras ocupan agora a sexta posición empatadas a 20 puntos co quinto clasificado (Calasancias Coruña), pero cunha victoria menos. O sétimo clasificado (Jealsa Boiro) tamén conta cunha victoria mais cas carballesas pero sitúase por detrás das mesmas con 19 puntos na táboa clasificatoria.
O vindeiro fin de semana, as carballesas visitarán a cancha do Zalaeta (3º clasificado) nun encontro moi complicado no que o equipo necesita desplegar o seu mellor xogo para ter opcións de puntuar.
Polo Asesoría Cervantes Xiria xogaron: 1. Noya, 2. Cancela, 5. Caamaño, 7. García Velo, 8. Vila, 9. N. Cotelo, 10. J. Cotelo, 13. Souto, 14. Tarrío, 15. Rodríguez e 17. Rostro (líbero).
Domingo 24 de Xaneiro de 2016 – 10:30 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Gestiber Xiria – Vagalume Ferrol
0 – 3 (18 – 25 / 13 – 25 / 19 – 25)
Encontro moi difícil o disputado onte polo Gestiber Xiria que recibía ó líder da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina, o Vagalume Ferrol. As carballesas comezaron o encontro regular, sen acabar de encontrar o seu xogo, pero pouco a pouco foron mellorando a recepción e a defensa que axudou á colocadora a aproveitar mellor as súas opcións de ataque. Apretando un pouco o saque as verdinegras conseguiron manterse preto no marcador no primeiro set, aunque o bo xogo das visitantes levoulles a pechar o set o seu favor.
No segundo set, as locais comezaron a ter mais erros propios o que non lles permitiu entrar en xogo de todo, levando as ferrolás a gañar o set con superioridade. No último set, o Xiria recuperou as sensacións do primeiro xogo e voltou a mostrar por momentos un bo xogo que as mantivo no encontro, pero ó final os erros non forzados e o bo xogo das visitantes chegaron para caer derrotadas no último e definito set.
Polo Gestiber Xiria xogaron: 1. Aldana, 5. Fernández, 7. Lista, 9. Caamaño, 11. E. Vila, 13. Rega, 14. S. Vila, 15. Ramos, 16. B. Arán (líbero) e 17. I. Arán.
Sábado 23 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
Campo da Serra (Narón)
Podoloxía Esteiro Narón Volea – Hierros Varela Urbieta Xiria
3 – 0 (25 – 16 / 25 – 18 / 25 – 11)
O equipo carballés non puido facer nada ante o líder invicto do Grupo A da 3ª División Autonómica Cadete Feminina. A falta de tres xornadas para finalizar a 1ª fase, o equipo carballes sitúase en praza para loitar polo ascenso na seguine fase, xa que durante o que vai de liga soamente perdeu contra Narón (líder invicto).
A vindeira xornada, o Xiria recibirá ó Santa María do Mar.
Polo Hierros Varela Urbieta Xiria xogaron: 1. Sarah, 3. Elena, 5. María, 6. Lucía, 7. Paloma, 8. Rosalía, 9. Sofía e 16. Blanca.
DEPORTE ESCOLAR
Comezou a liga de deporte escolar de voleibol. Debido a que na primeira xornada tocáballes xogar ós dous equipos de Xiria de categoría infantil o encontro adiantouse ó xoves. Os nervos do inicio da competición fixéronse notar, en ámbolos dous equipos, a maior veteranía do Xiria B levounas a anotarse o encontro por 2-0. Co Xiria A debutaron moitas xogadoras que levan poucos meses xogando a voleibol, e que están evolucionando moi rápido.
Polo Xiria A xogaron: 2. Sara, 3. Alba, 5. Paula, 6. Aitana, 7. Laura, 10. Irene, 13. Noelia, 14. Clara, 15. Aida e 16. Marta.
Polo Xiria B xogaron: 1. Daniela, 2. Lola, 3. Elena, 4. Lorena, 5. María, 7. Paloma, 8. Alma, 9. Marta Mato, 14. Carmen, 16. Blanca e 17. Marta Canedo.