O Xiria Calvo recibe ao CV Santiago no seu último partido de liga en Carballo

Tras a derrota en Oleiros (3-0) e a vitoria como locais frente a Dompa Volei Ourense (3-0), o Xiria Calvo recibe ao CV Santiago no Pavillón Vila de Noia o domingo ás 12 horas, no que será o último compromiso dos carballeses ante a súa afección.

A clasificación na táboa favorece ao equipo local, aínda que o resultado na ida, con vitoria do Xiria Calvo nun emocionante quinto set (2-3), asegura unha loita encarnizada polos tres puntos.

Os de Diego Vázquez aspiran a gañar a confianza necesaria para enfrontar o último partido de liga, con visita do equipo a Narón, antes de preparar o Campionato Galego.