Tódolos equipos en competición, agás un infantil xogan nun sábado cheo de volei. A emoción das fases finais vivirase nas competicións federadas, e os mais pequenos da casa terán outra gran xornada de diversión.
Sábado 12 de Marzo de 2016 – 19:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Asesoría Cervantes Xiria – Caldaria VoleyOurense
O primeiro equipo de Xiria, despois dunha merecida xornada de descanso, xoga o segundo encontro da 2ª Fase ante o líder invicto da liga regular, o Caldaria ourensán. Ámbolos dous equipos gañaron ó terceiro equipo do grupo, o gañador deste choque situarase á cabeza do grupo e sumará moitas posibilidades de obter unha das dúas prazas para a final a catro da máxima competición autonómica da categoría senior.
Encontro moi complicado para as xogadoras de Asier e Rosalino, que deberán saltar a cancha de xogo moi concentradas e seguras do seu xogo para ter opcións de plantarlle cara ó equipo mais en forma da competición dos últimos anos.
As xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria esperan poder brindarlle a súa afección un bo encontro, e se é posible dar a sorpresa conseguindo puntuar.
Sábado 12 de Marzo de 2016 – 17:30 h
Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra)
Alianza Española Seguros CVP – Gestiber Xiria
As xogadoras do Gestiber Xiria continúan ca loita por manter a categoría na 2ª división autonómica xuvenil. Despois de dous encontros as carballesas suman unha victoria e unha derrota ocupando a segunda praza no seu grupo de catro. As verdinegras, despois dun mal encontro a semana pasada esperan resarcirse en terras pontevedresas e traer para casa unha victoria, para afianzarse o mellor posible na táboa de cara as eliminatorias finais que dirimirán os equipos que xogarán a vindeira campaña na 2ª división da categoría.
As adestradoras do conxunto confian nas posibilidades das súas xogadoras, e que consigan desplegar o seu mellor xogo nos vindeiros encontros para obter a mellor clasificación posible antes das eliminatorias.
Sábado 12 de Marzo de 2016 – 17:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Hierros Varela Urbieta Xiria – Voleibol Lugo
Segundo encontro das cadetes de Xiria Volei na loita polo ascenso á 2ª División Autonómica. As carballesas despois dunha primeira derrota pola mínima, deben deixar os nervos mostrados na primeira xornada desta 2ª fase e desplegar todo o seu xogo. O conxunto local xogará contra un equipo de categoría superior que xa xogou este ano na 2ª división, o adestrador espera que as súas xogadoras mostren toda a súa garra no campo para loitar pola súa primeira victoria nesta fase.
Sábado 12 de Marzo de 2016
Pavillón do Monte das Moas (A Coruña)
Outra mañán repleta de volei no Pavillón coruñés do Monte das Moas onde se reune o futuro do voleibol da zona. Dous encontros infantís e un alevín completarán a xornada de mañán.
Ás 10:00 h, abrirá a mañán o Almacenes Agro Xiria B de categoría infantil fronte ó Zalaeta B. Despois dun pequeno descanso as xogadoras de Bea e Loreto, repetirán contra o Aldebarán no encontro aprazado de hai quince días, ás 11:oo h. O equipo carballés espera sumar dúas novas victorias, para seguir imbatido na competición.
Xa comezado o segundo encontro infantil, tócalle o turno ás xogadoras do Hierros Varela Urbieta Xiria Alevín. As xogadoras de Luis loitarán por lograr unha victoria ante o Liceo B, sobre todo, por desfrutar e seguir aprendendo.
Sábado 12 de Marzo de 2016
Pavillón do Colexio Calasancias (A Coruña)
Xa á tarde, os mais peques do Xiria Volei, viaxarán ata A Coruña, para vivir a segunda xornada da súa categoría dentro da actividade de Xogade. As rapazas viven con moita ilusión estes encontros, onde poden coñecer, xogar e divertirse; cos rapaces de outros clubes que tamén coma elas están a descubrir este fantástico deporte. Seis encontro por diante, para poñer en práctica todo o aprendido ata o de agora.