O fin de semana o Xiria Volei xogará os encontros de competicións federadas, a competición de deporte escolar descansa ata a volta de vacacións.
Domingo 20 de Marzo de 2016 – 12:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Asesoría Cervantes Xiria – Autos Cancela Zalaeta
O equipo dirixido por García de Dios e Mariño ten o domingo un dos encontros mais complicados da presente tempada. Despois de sumar unha derrota e unha victoria nesta segunda fase, e a falta de dous encontros para dirimir que equipos van a final a catro, o Asesoría Cervantes xoga fronte ó Autos Cancela Zalaeta nun encontro que pode ser decisivo para saber cal dos dous equipos ocupa unha das dúas prazas xunto ó Caldaria VoleyOurense (claro favorito) na final a catro polo título da 1ª División Autonómica Senior.
As carballesas deben saltar á cancha cun extra de motivación e moi concentradas para tentar de conseguir a victoria ante un Zalaeta moi xoven e con moito futuro. Ó igual que nos encontros entre ámbolos conxuntos no que vai de liga, a clave pode ser os erros non forzados que cometa cada equipo, xa que poden ser o que desequilibre o encontro. Unha victoria das carballesas as clasificaría matemáticamente para a final a catro, nembargantes unha derrota aínda que non definitiva as alonxaría moito do obxectivo e dependerían de outros resultados e incluso, podería ser necesario unha victoria contra o lider invicto para obter a clasificación.
Sábado 19 de Marzo de 2016 – 10:30 h
P.M. San Sadurniño
FisioCheBen San Sadurniño – Gestiber Xiria
Comeza a segunda volta na 2ª fase da competición na 2ª división autonómica xuvenil, onde o Gestiber Xiria loita por manter a categoría de cara á vindeira tempada.
As carballesas loitarán por manter a segunda praza na táboa, que lles permitiría manter a categoría directamente sen ter que xogar ningunha eliminatoria. Para conseguir o obxectivo, é moi importante sumar unha victoria nesta xornada para afrontar os dous últimos encontros con mais tranquilidade. Na primeira volta, o conxunto dirixido por Souto e Tarrío sumou a victoria coma local, este encontro, pode ser ben distinto xa que o equipo rival ademais de xogar na casa, pode que recuperase a algunha xogadora que estaba lesionada.
Sábado 19 de Marzo de 2016 – 17:00 h
P.M. A Pinguela (Monforte de Lemos)
CV Ribeira Sacra – Hierros Varela Urbieta Xiria
Unha vez finalizada a primeira volta desta segunda fase, na que as xogadoras de Outeiro están a loitar polo ascenso á 2ª División Autonómica Cadete, o equipo non puido sumar ningunha victoria a pesar da garra e a loita mostrada no campo. As carballesas están a loitar e a pesar de caer, están dándolle moitos quebradeiros de cabeza a dous equipos que esta tempada xogaron nunha categoría superior.
Este sábado, as verdinegras desprazaranse a Monforte, no encontro mais lonxe da campaña, para tentar de arrebatarlles a victoria na casa ás monfortinas, tal e como fixeron elas na primeira volta gañando pola mínima en Carballo. O equipo espera dar ese pequeno salto de calidade que lles faltou nas xornadas anteriores para poder dar a sorpresa e seguir mantendo as opcións de ascenso.