Resultados da 5ª Xornada Senior e Xuvenil Feminina

 

Equipo Xuvenil Gestiber Xiria

Equipo Xuvenil Gestiber Xiria

Día 8 – 12:30  h – Pavillón de Esteiro (Ferrol)

Vagalume Ferrol   3 – 0   Gestiber Xiria

(25 – 17 / 25 – 10 / 25 – 12)

O Gestiber Xiria de 2ª División Autonómica Xuvenil xogou o partido correspondente á quinta xornada de liga en Ferrol contra o Vagalume. As xogadoras carballesas non puideron dar a sorpresa ante un dos equipos mais en forma da categoría neste inicio de liga, equipo que continua invicto nesta tempada.

Espérase para a próxima semana en Carballo ó equipo de As Mariñas Oleiros.

Beatriz Souto (adestradora), 7. Ana Lista, 5. Iria Arán, 9. Uxía Caamaño, 10. Patricia Fernández (líbero), 6. Savannah Gómez, 15. Mirian Ramos, 11. Gema Aldana, 17. Estela Vila, 13. Lidia Rega, 1. Blanca Arán, 4. Andrea Loureiro e 14. Sofía Vila

Día 7 – 20:00 h – Pavillón de Teis (Vigo)

Xuvenil de Teis   3 – 1   Asesoría Cervantes Xiria

(25 – 23 / 25 – 23 / 21 – 25 / 25 – 22)

Encontro correspondente á 1ª División Autonómica senior feminina, no que a igualdade reflexouse no marcador, con sets moi parexos que puideron caer de calquera das dúas partes. As xogadoras viguesas aguantaron mellor o tirón nos finais de set conseguindo levarse o encontro despois de que as xogadoras do Xiria lles regalasen demasiados puntos. Ambos equipos mostráronse en diversos momentos moi disconformes ca labor arbitral.

A vindeira xornada as carballesas recibirán ao Zalaeta.

Xogadoras: 18. Paula Rodríguez, 2. Sofía Vila (líbero), 1. Jennifer García, 13. Raquel Noya, 11. Ana Rostro, 9. Noelia Cotelo, 14. Loreto Tarrío, 12. Lucía González e 8 Uxía Caamaño.