Xornada de certa tranquilidade para Xiria Volei, xa que os equipos senior, cadete e infantís; teñen xornada de descanso. Entrarán en liza o sábado os equipos xuvenil, alevín e os benxamíns.
O equipo senior do Asesoría Cervantes Xiria disputará a vindeira semana o último encontro da 2ª Fase da 1ª División Autonómica Senior. O encontro é un trámite xa que tanto as carballesas como o seu rival están xa clasificados para a final a catro. Neste encontro dirimirase que equipo pasa como primeiro de grupo e cal como segundo. O 23 de abril disputarase a final a catro da máxima competición autonómica feminina, onde os catro mellores loitarán por alzarse co título así como por conseguir unha das dúas prazas en xogo para a Fase de Ascenso a 1ª División Nacional.
Sábado 2 de Abril de 2016 – 16:30 h
P.M. Carballo Calero (Carballo)
Gestiber Xiria – C.V.A.B.
As pupilas de Souto e Tarrío xogarán o penúltimo encontro da 2ª Fase no que están a loitar por manter a categoría na 2ª División Autonómica Xuvenil para a vindeira tempada. Unha victoria este fin de semana significaría a permanenza matemática a falta de unha xornada. O equipo de Boiro, gañou os tres encontros anteriores esta tempada, pero as xogadoras do Gestiber Xiria están convencidas de que esta é a definitiva, e esperan desplegar o seu mellor xogo para anotarse a victoria.
Sábado 2 de Abril de 2016 – 10:35 h
P. Monte das Moas (A Coruña)
Hierros Varela Urbieta Xiria – Liceo C
As alevíns de Xiria Volei, adestradas por Luis Outeiro, enfrontaranse o tercer equipo do Colexio Liceo da Coruña, nunha nova xornada da competición de Xogade de Deporte Escolar. As carballesas ocupan nestes intres a oitava posición na competición alevín. Este sábado terán unha nova oportunidade de demostrar todo o aprendido e de divertirse xogando.
Sábado 2 de Abril de 2016
P. Colexio Calasancias (A Coruña)
Os equipos benxamíns de Xiria Volei teñen unha nova tarde chea de diversión e voleibol, onde poderán amosar o seu bo facer nunha pista de minivolei además de coñecer e xogar con outras rapaces cas mesmas inquietudes que eles.