Cartel 6 marzo 2016

O Gestiber Xiria xogará o vindeiro domingo en Boiro o segundo encontro de grupos pola permanenza na 2ª División Autonómica Xuvenil. Nesta liguilla de grupos, necesitan conseguir a mellorar clasificación de cara ós cruces finais eliminatorios que determinarán os equipos que manteñen a categoría ou ascenden da categoría inferior. O seu rival este fin de semana, ó igual que o Xiria, xogou esta tempada na 2ª división, e loitan tamén por non perder a categoría.

O Asesoría Cervantes Xiria de 1ª División Autonómica Senior e o Hierros Varela Urbieta Xiria de 3ª División Autonómica Cadete descansan este fin de semana. A vindeira semana reanudarán a competición, o primeiro loitando por un posto que lle dea acceso á final a catro polo campionato, e o segundo por unha praza de ascenso a 2ª División.

Encontros 5 marzo de 2016

Pola súa banda as categorías inferiores de Xiria Volei que compiten en Xogade, teñen encontros este fin de semana agás os benxamíns.

Abrirá a mañán o equipo alevín que se enfrontará ó Liceo A,  ás 10 da mañán na pista 2.

Un pouco mais tarde, comezará o encontro entre o Xiria B infantil e o Narón Volea, ás 10:30 na pista 1. De seguido, saltarán á cancha as xogadoras do infantil Xiria A que se enfrontarán ás 11:45 h ó Zalaeta B.

Diversión asegurada o sábado a mañán no P. do Monte das Moas (A Coruña). Moita sorte a todas.