O Xiria enfrentarase nesta xornada contra o clube Xabaríns poñendo en xogo a segunda praza da clasificación. O partido desta fin de semana supoñerá unha influenza directa cara ás derradeiras posicións da liga senior masculina. O gañador acomodarase como segundo de liga e poderá acechar o líder da liga, o clube Voleibol Oleiros, debido a escasa diferenza de puntos.
Os de Carballo encadenarán nas próximas xornadas ós tres rivais directos, na que nesta fin de semana será o primeiro escalón destes complicados contrincantes. Desta forma os de Yago Álvarez prácticamente decidirán a súa posición ligueira nas derradeiras tres xornadas.
Esta fin de semana é entón vital para os de verde, que comezar gañando os primeiros 3 puntos pode axudar para afrontar a difícil empresa que afrontan. Os de Lugo serán un gran oponente que xá coñece a victoria neste enfrentamento e comparte obxetivos no acecho da primeira posición da liga. Temos por diante un partido que promete ser emocionante e ningún dos equipos o poñerá fácil tendo estes tres importantísimos puntos en mente.

