Duras derrotas das senior e xuvenís, e xornada de diversión no torneo alevín

foto-29-10-16-21-28-16

Fin de semana difícil para os equipos en competición de Xiria Volei con dous duras derrotas nos encontros federados. A boa nova foi a participación das alevíns no torneo organizado polo Club Voleibol Oleiros.

marcador-asesoria-zalaeta-xornada-5

Encontro correspondente á 5ª xornada da 1ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina, na que o Asesoría Cervantes Xiria recibía ao Autos Cancela Zalaeta (A Coruña).

Os dous equipos partían con baixas de inicio, e o plantel carballés empezou o encontro en tromba, cun xogo moi sólido onde a faceta ofensiva non daba opcións ao equipo rival facendo dano co saque, cerrando moi ben no bloqueo e cun ataque contundente para pechar o set con claridade.

No segundo set, o equipo coruñés comezou mais enchufado no saque e as dúbidas comezaron a aparecer na recepción local, cometendo moitos erros non forzados e dificultando moito as saídas de ataque. Por riba o Xiria encadeou unha mala racha co seu saque, que Zalaeta aproveitou para conseguir unha vantaxe de cinco puntos. As verdinegras seguiron a traballar e mediado xa o set comezaron a remontada, poñéndose por riba no marcador e con vantaxe de dous puntos no 24 a piques de pechar o set. Pero cun gran saque, e con moita concentración as coruñesas mantiveron a calma e as dúbidas voltaron ao equipo carballés, a alternancia no marcador chegou ata o punto 29 no que as coruñesas pecharon o set ao seu favor.

Deixar escapar un set que estaba case decidido, pasou factura e as dúbidas no xogo do Asesoría Cervantes Xiria extendéronse aos demais aspectos do xogo; a recepción non permitía ter opcións de ataque claras, o bloqueo xa non era un muro, e a defensa facía augas. Zalaeta cun moi bo saque e con moita cabeza comezou a encontrar o chan que antes era esquivo e comezou a levantar todos os ataques rivais, para pechar o encontro con claridade ante un Xiria moi desdebuxado nos dous últimos xogos.

Asesoría Cervantes Xiria: 1. Noya, 4. Castro, 7. García, 8. Rodríguez P., 9. Caamaño, 11. Ennes, 12. González P., 13. Souto, 15. Rodríguez S. e 17. Varela (líbero).

foto-5-11-16-16-59-18

Encontro correspondente á 5ª xornada da 1ª Fase da 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina no que o Gestiber Xiria recibía ao Club Voleibol Oleiros, un dos principais candidatos ao ascenso.

marcador-gestiber-oleiros-xornada-5

A contundencia do Club Voleibol Oleiros fíxose patente dende os inicios do xogo, no que os nervios nas filas locais tampouco axudaron a tentar frenar o xogo das rivais.

No segundo set as carballesas saltaron a pista concienciadas de que tiñan que olvidarse un pouco do rival e tratar de facer o seu xogo para poder dar un pouco de guerra e poder amosar os avances conseguidos nos adestramentos. A faciana do equipo comezou a cambiar tímidamente pero aínda así o equipo oleirense seguía levando a batuta do encontro con total claridade.

Cun 0-2 no marcardor, e con cambios nas filas de Oleiros, as carballesas comezaron a xogar un pouco e conseguiron manterse a pouca distancia das rivais, pero non foi suficiente.

Toca seguir adestrando e esforzándose para seguir mellorando.

Gestiber Xiria: 1. Aldana, 5. Fernández, 6. Mirás, 7. Sueiro, 8. Mato R., 9. García, 12. Souto, 14. Mato, M., 15. Ramos, 16. Barca e 18. Varela (líbero).

foto-5-11-16-11-12-23

Onte disputouse un Torneo Alevín organizado polo Club Voleibol Oleiros e o Concello de Oleiros, para facer mais liviana a espera, a agarda de que comecen as competicións de deporte escolar.

Unha gran iniciativa, que deixou un moi bo sabor de boca en todos os equipos, e no que as xogadoras do Xiria poideron disfrutar desta gran festa do volei con compañeiras de Oleiros, Narón e Zalaeta.

Seis equipos participantes divididos en dous grupos, no que Hierros Varela Urbieta Xiria xogou contra Zalaeta e Narón. Moitos nervos por ser os primeiros encontros da tempada, no que as xogadoras dirixidas por Luis Outeiro foron de menos a mais, rematando na 5ª posición, e onde o mais importante foi ver as caras de ledicia das rapazas e o ben que o pasaron.

Agradecer ao Club Voleibol Oleiros por invitarnos a participar, e as xogadoras e familias por compartir este estupendo día con nós.