Neste momento estás a ver Comezan os torneos de apertura na celebración dos 40 anos da AD Xiria

Comezan os torneos de apertura na celebración dos 40 anos da AD Xiria

  • Autor da entrada:

Esta fin de semana comezan os torneos de apertura para varias das nosas categorías no ano que tamén é a celebración dos 40 anos da Asociación Deportiva Xiria.

Cabe destacar que este ano contamos con numerosos patrocinadores que levarán o seu nome en diversos equipos e con máis sorpresas que iremos desvelando ao largo da tempada.

Para comezar teremos os partidos do cadete femenino Breijo Arquitectura e Ingeniería Xiria Volei que xogarán en Pontevedra, o sábado día 30 de setembro, no Centro de Tecnificación Deportivo ás 12:00 e ás 17:00 contra os Clubes de Pontevedra e Santiago.

 

Seguidamente, o equipo cadete masculino Pizza Tutto Xiria Volei xogará o torneo tamén o sábado 30 en Cangas, ás 16:00 e ás 17:30, contra os equipos de CV Maniotas e Aceites Abril Volei Ourense.

 

Para completar os partidos do día 30, o equipo xuvenil femenino Ranqui Xiria Volei xogará en Carballo no pavillón Vila de Noia, ás 10:00 e ás 16:00, contra os equipos CV Narón Volea B e CV Rianxo.

 

Finalmente, o domingo día 1 de outubro teremos dous partidos. Na casa xogará o equipo junior masculino Águila Noroeste Xiria Volei no pavillón Carballo Calero ás 12:00 contra o Gealsa Boiro Voleibol. E o equipo senior masculino Xiria Calvo desprazarase a Santiago a xogar ás 10:00 contra o CV Santiago no pavillón O Restollal.

 

Non dudedes en ir a animar aos nosos equipos e moito ánimo! Forza Xiria!