O Asesoría Cervantes Xiria prepárase para a final a catro

Campeonato Gallego Senior [13948]

O equipo senior de Xiria Volei, que compite este ano na 1ª División Autonómica, xogará o vindeiro sábado a final a catro polo título da categoría. O equipo carballés viaxará ata Ourense para enfrontarse nas semifinais ante o CV Bruxas – IES de Ames. A outra semifinal a xogarán o equipo organizador, o Caldaria VoleyOurense, co Club Deportivo Padre Faustino (Calasancias Coruña). O equipo de Ames e o de Ourense pasaron como primeiros de grupo a esta fase final, sendo o equipo Ourensán, en teoría, o máximo candidato a alzarse co título, sendo o campión actual e perdendo únicamente un encontro no que vai de tempada. O favorito na outra semifinal é o equipo de Ames despois dunha fase regular extraordinaria e chegando imbatido da segunda fase. Aínda así, os outros semifinalistas terán a última palabra, tanto as carballesas coma as coruñesas foron moito mais irregulares o longo da tempada. No caso do equipo coruñés, aínda que comezaron fortes nos postos altos da clasificación, pegaron un baixón que fixo que a clasificación entre os seis millores o termino da 1ª Fase se fixera derrogar. O Asesoría Cervantes Xiria tivo unha tempada marcada polas baixas, a priori a pesar de ser un equipo novo na categoría, o conxunto carballés xuntaba unha plantilla equilibrada e con experiencia para afrontar con garantías a competición, pero a realidade foi moi distinta. O equipo mermado encontro tras encontro, comezou moi mal a tempada acabando penúltimo a primeira volta da liga regular, pouco a pouco o equipo asentouse e comezou a ascender na táboa e, in extremis, clasificouse entre as seis millores na última xornada da 1ª Fase. Na 2ª fase e xa ca permanenza no peto, un equipo moi xusto logrou clasificarse como 2º de grupo para esta Fase Fina,l despois de dobregar nos dous encontros o Autos Cancela Zalaeta e caer nos dous ante o Caldaria VoleyOurense.

As semifinais xogaranse ó mesmo tempo no Pazo dos Deportes «Paco Paz» de Ourense, ás 10:00 H. Os perdedores xogarán polo 3º posto ás 15:00h e os gañadores loitarán polo título ás 17h. Cabe destacar que os dous finalistas terán praza para a fase de ascenso a 1ª División Nacional que se xogará en Avilés entre o 6 e o 8 de maio.

No mesmo complexo deportivo xogarase tamén á par a final a catro de categoría masculina.

Asesoría Cervantes Xiria - 1ª División Autonómica Senior Feminina

Asesoría Cervantes Xiria – 1ª División Autonómica Senior Feminina

 

Encontros 23 de abril inf-alevOs equipos que participan na competición de Xogade de Deporte Escolar terán unha nova xornada este vindeiro sábado, no Pavillón do Monte das Moas coruñés, como ven sendo habitual.

O balón comezará a moverse ás 10:35 h co equipo alevín do Hierros Varela Urbieta Xiria ante o Calasancias B da Coruña. O equipo tentará perder os nervos que o atenaza noutros encontros, co obxectivo de divertirse e mostrar do que son capaces.

Ás 12:30 h o Almacenes Agro Xiria de categoría infantil xogará ante o Montespiño coruñés, no que será o penúltimo encontro das carballesas. O equipo carballés segue imbatido nesta tempada sen perder un set, sendo serio candidato para clasificarse para as finais provinciais.