As xogadoras de García de Dios conseguiron derrotar ó Mel-Fror Emevé por 3-1 (25-10/19-25/25-11/25-16), nunha victoria que leva as carballesas a subir ata o oitavo posto na táboa clasificatoria, e a non perder de vista os postos intermedios.
O encontro comezou cunha vantaxe clara para o Xiria que foi a tónica xeral do primeiro set, no que as carballesas non se complicaron e gañaron con superioridade. No segundo set houbo un desbaraxuste moi grande nas filas carballesas despois dos cambios realizados polo adestrador, e o equipo local foi mais ou menos a remolque todo o set. O final do mesmo o técnico local decidiu desfacer varios cambios pero a vantaxe adquirida durante o xogo polas xogadoras de Lugo foi definitivo. No terceiro xogo o Xiria saiu coma ó principio cobrando de novo unha gran vantaxe que permitiu dar minutos o resto das xogadoras e gañar o mesmo con facilidade. Ó final tres puntos para as carballesas nun encontro que non tivo demasiada historia, e no que o técnico carballés aproveitou para probar opcións diferentes ás habituais nas posicións das xogadoras.
A vindeira xornada, última antes do parón navideño, o Asesoría Cervantes Xiria desprazarase ata Ourense co obxectivo de sumar ante un rival directo que precede ás carballesas na sétima posición cun punto mais.
No Asesoría Cervantes Xiria xogaron: 1. García V., 2. Souto (líbero), 4.Vila, 7. Rodríguez, 8. Caamaño, 9. Cotelo, 12. González, 13. Noya, 14. Tarrío e 18. García J.
A última hora do sábado deparou a terceira victoria na liga para as xogadoras do Gestiber Xiria que se impuxeron por 3-1 (22-25/25-17/25-16/25-15) ó Mexillón de Ouro Voleibol de Rianxo. As xogadoras de Souto e Tarrío comezaron moi desconectadas o encontro, o que propiciou que o outro equipo tomara vantaxe. A partir de ahí, aínda que os desaxustes no xogo das carballesas continuaron, a situación mellorou o que levou a gañar con certa comodidade os restantes sets. As verdinegras viaxarán ata Vigo a vindeira xornada no último encontro do ano.
Xogaron polo Gestiber Xiria: Blanca, Sofía, Ana, Estela, Mirian, Patricia, Gema, Iria, Savannah, Lidia, Uxía e Blanca.
O equipo cadete desprazouse esta xornada ata San Sadurniño para xogar contra o Fisio Che Ben. Moi bo encontro das pupilas de Outeiro que gañaron con claridade por un 0-3 (20-25/14-25/9-25). A vindeira xornada viaxan ata Narón para finalizar o 2015.
No Hierros Varela Urbieta Xiria xogaron: Sarah, María, Lola, Elena, Paloma, Sofía e Lucía.