Sábado 20 de Febreiro de 2016 – 18:00 h
P.M. A Xunqueira (Pontevedra)
CVP Alianza Española Seguros – Asesoría Cervantes Xiria
2 – 3 (21-25/20-25/25-16/25-20/12-15)
O equipo carballés certificou a permanenza na categoría para a vindeira temporada e xogará na 2ª Fase da 1ª División Autonómica Senior polo campionato. As verdinegras dependían de si mesmas para meterse entre as seis millores que loitarán por facerse ca liga na máxima categoría autonómica. O encontro presentábase complicado, xa que era obrigado puntuar, xa que un dos seus rivais directos gañara pola mañán o seu encontro e empataba cas carballesas, e cunha victoria mais se clasificaba Boiro na sexta posición en detrimento de Xiria. Ca presión de ter que facer dous sets para lograr o punto necesario para clasificarse, as xogadoras do Xiria chegaban a Pontevedra, nun encontro que se presentaba moi complicado ante as segundas clasificadas.
O primeiro xogo comezou cunha vantaxe de catro tantos para as de Carballo que saían moi concentradas á pista, pero o marcador estaría moi igualado o resto do set no que se alternaba a diferenza entre os dous equipos sen separarse mais que un par de puntos. No 20-19 todo cambiou, as xogadoras seguiron ó pé da letra a estratexia que o adestrador indicara no tempo morto e facendo moito dano co saque e cos ataques detrás do bloqueo rival o Asesoría Cervantes Xiria marcou un parcial de 0-6 para finiquitar o set ó seu favor.
O segundo set, comezou coma unha final para as carballesas que querían deixar os deberes feitos pola vía rápida. As verdinegras moi concentradas voltaron a facer moito dano co saque e cobraron vantaxe dende o inicio do xogo. Os bloqueos e os ataques rivais parecía que facían mella no Xiria pero con moito traballo e concentración conseguiron manter a vantaxe lograda ata marcar a máxima vantaxe do set cun 9-16. Neste intre, o Pontevedra presionou co saque, pero despois de obrigar ó adestrador carballés a pedir un tempo morto o equipo conseguiu saír do pequeno bache mantendo unha boa vantaxe que logrouse manter ata pechar o set a favor, e por conseguinte certificando a permanenza e o dereito a xogar na seguinte fase polo título.
Os dous seguintes sets notouse a relaxación nas carballesas de ter o traballo feito, e o equipo pontevedrés sen tirar a toalla en ningún intre, anotouse os dous seguintes para igualar a contenda.
No quinto set, o Xiria que non quería conformarse cun punto, saíu outra vez moi concentrado e cun gran saque e defensa chegou ó cambio cun 2-8 arriba. As pontevedresas moi loitadoras en todo momento, voltaron a apretar con moi bos ataques e bloqueos ata igualar o marcador a 11 tantos. Nese intre as carballesas voltaron a tomar o mando do xogo, e moi tranquilas lograron tomar vantaxe de novo e pechar o set e o encontro.
A partir da vindeira xornada o Asesoría Cervantes Xiria xogará nun dos dous grupos que loitarán polo título e por obter unha praza para xogar o ascenso a 1ª División Nacional. As carballesas terán que xogar no seu grupo unha liguilla a dobre volta fronte ó primeiro e ó cuarto clasificado desta 1ª Fase, o Caldaria VoleyOurense e o CV Bruxas respectivamente. Os dous primeiros clasificados de cada grupo nesta segunda fase clasificaranse para xogar a final a catro na que se decidirán os postos de honra da liga e os equipos que se clasificarán para a fase de ascenso.
Sábado 20 de Febreiro de 2016 – 12:00 h
P.M. Carballo Calero (Carballo)
Gestiber Xiria – Xav Cambados Thelma
0 – 3 (9-25/18-25/10-25)
As xuvenís do Gestiber Xiria, xogaban o último encontro da primeira fase ante un dos equipos mais en forma da categoría. As carballesas non tiñan opcións de cambiar a súa situación na clasificación polo que os adestradores optaron por non convocar a dúas xogadoras que debían viaxar a Pontevedra co equipo senior.
Encontro sen mais historia, no que as carballesas fixeron o que puideron ante un equipo moi forte e cun gran saque, no que houbo que adecuar a táctica as baixas co que afrontaba o equipo o encontro.
O Gestiber Xiria terá que loitar na segunda fase que comeza a vindeira semana, por manter a categoría. A falta de moitos resultados desta xornada, as carballesas deberán esperar ó luns para coñecer ós seus rivais na fase pola permanenza.
Sábado de Febreiro de 2016 – 11:45 h
P. Monte das Moas (A Coruña)
Xiria A – Aldebarán
2-0 (25-13/25-6)
Moi bo encontro na competición de Xogade das infantís do Hierros Varela Urbieta Xiria. Bo resultado, pero sobre todo, moita mais calma no xogo que a semana anterior, facendo as cousas moito millor e tentando xogar en todo momento a tres toques. A vindeira xornada o equipo ten xornada de descanso.
Sábado 20 de Febreiro de 2016 – 11:40 h
P. Monte das Moas (A Coruña)
Xiria – As Mariñas Oleiros
1-2 (12-25/17-25/15-9)
Derrota para as alevíns, nun encontro moi bonito no que as xogadoras mostraron os seus avances e fixeron un moi bo xogo. Despois de caer nos dous primeiros sets, no terceiro as carballesas levaron a súa recompensa anotándose este último xogo. A vindeira semana toca xornada de descanso para as alevíns na competición de Xogade.
Domingo 20 de Febreiro de 2016
P. Colexio Liceo (A Coruña)
As peques do Xiria Volei, estreáronse en competición na primeira xornada de minivolei da tempada. O colexio Liceo acolleu este primeiro encontro, onde as rapazas tiveron oportunidade de mostrar todo o que aprenden nos adestramentos. Tarde chea de diversión e de moitos encontros compartindo grandes momentos cos benxamíns do Liceo, Zalaeta, Oleiros e Franciscanos. Agora toca seguir pasándoo moi ben nos adestramentos e aprendendo, a espera da seguinte tarde de minivolei que chegará en Marzo.