Calendario das 2ª Fases de categoría senior, xuvenil e cadete

Calendario 2ª Fase Liga Senior, xuvenil e cadete

Os equipos de categorías senior, xuvenil e cadete feminina de Xiria Volei afrontarán dende o vindeiro fin de semana a 2ª Fase das respectivas competicións.

1ª División Autonómica Senior Feminina

Despois de clasificarse na sexta posición na 1ª Fase, o Asesoría Cervantes Xiria encádrase no Grupo A no que se enfrontará ó CV Zalaeta e o Caldaria VoleyOurense, cuartos e primeiros clasificados respectivamente. Os dous primeiros clasificados desta liguilla xogarán a final a catro fronte os dous primeiros do Grupo B, conformado por CVP Alianza Española Seguros, CV Bruxas e Calasancias Coruña.

2ª División Autonómica Xuvenil Feminina

As xogadoras do Gestiber Xiria deberán loitar por gañar o máximo número posible de encontros nesta 2ª Fase para ter as mellores opcións na fase final pola permanenza. O grupo do Gestiber Xiria (8º clasificado na 1ª Fase da 2ª División Xuvenil), complétase co Club Voleibol Atlético Boiro (7º clasificad0 na 1ª Fase da 2ª División Xuvenil) e o CVP Diario de Pontevedra e o Fisio Che Ben San Sadurniño, 2º clasificados nos seus respectivos grupos na 1ª Fase da 3ª División Xuvenil. Esta 2ª Fase na categoría xuvenil contará con 3 grupos de catro equipos cada un, en función da clasificación nestes grupos, determinarase o orde para as eliminatorias finais pola permanenza-ascenso.

3ª División Autonómica Cadete Feminina

O equipo cadete do Hierros Varela Urbieta afronta a fase polo ascenso a 2ª División Cadete. No seu grupo as carballesas xogarán fronte o IES Laura Olmo 1ª clasificado do grupo de Ourense, e o Ribeira Sacra e Voleibol Lugo 7º e 8º clasificados respectivamente na 1ª Fase da 2ª División Cadete. Tal e como sucede en categoría xuvenil, as verdinegras deberán de conseguir os mellores resultados para poder optar a xogar as eliminatorias finais contra equipos mais asequibles.