As senior do Asesoría Cervantes Xiria visitaban ao Club Voleibol Pontevedra Alianza Española Seguros na segunda xornada da primeira fase da competición ligueira. As verdinegras acudían ao encontro con numerosas baixas e nun baixo estado de forma, o cal non era excusa para tentar arañar algún punto nesta visita.
O equipo de Christian Pallas plantou cara en todo momento ás pontevedresas, mantendo a alternancia de puntos en todo o encontro. Nos dous primeiros sets a gran diferenza foi o acerto no final dos mesmos das locais, que consegueron gañalos pola mínima. No terceiro as verdinegras conseguiron tomar vantaxe e mantela para anotarse o terceiro xogo do encontro. A pesar de manter a igualdade, o cuarto foi o definitivo e o maior acerto ao final de set outra vez das locais deulles o encontro. O bo traballo do plantel carballés non tivo agasallo e veñen de Pontevedra de baleiro.
O adestrador carballés tivo que facer malabarismos para afrontar esta xornada, na que soamente puido contar con 8 xogadoras, a pesar das circunstancias o equipo saltou a pista a por todas, e mantivose dentro do encontro dende o principio ata o fin. Os ánimos nas filas carballesas están calmos, aínda que as derrotas non gustan, saben que a falta de rodaxe e de efectivos vai ser un lastre nos inicios da competición, feito que ten asumido o equipo, que está na procura de optimizar a súa preparación de cara a aumentar o seu rendemento paulatinamente.
Despois de dúas xornadas o Asesoría Cervantes Xiria pasa a ocupar a 7ª plaza na táboa clasificatoria.
No Asesoría Cervantes Xiria xogaron: 1. Noya, 3. González, 6. Soto, 7. García, 8. Rodríguez P., 9. Camaño, 15. Rodríguez S. e 18. Ponte. Adestradores: Pallas e Gómez
As carballesas suman a segunda derrota consecutiva no que vai de liga, ante o Club Vigo Voleibol, nun encontro no que a pesar da derrota por 3-0, a lectura positiva foi que o equipo sentiuse mellor no campo.
O encontro deixou un sabor amargo nos integrantes da expedición carballesa, quedando ca sensación de que se podía haber feito mais. O Gestiber Xiria é un equipo totalmente renovado esta tempada, e probablemente o mais xoven da súa categoría, algo que pesa nestes inicios de competición pero que será un adestramento acelerado para a mellora das súas integrantes.
Ante as olívicas puideron xogar todas as xogadoras convocadas, loitando en todo momento e non dando o encontro por perdido.
No Gestiber Xiria xogaron: 1. Aldana, 6. Souto, 8. Mato R., 9. García, 11. Méndez, 12. Mato B., 15. Ramos, 16. Barca e 18. Varela. Adestrador: Mirás.