O vindeiro sábado o Asesoría Cervantes Xiria xógase na casa das segundas clasificadas, o CVP Alianza Española Seguros, o clasificarse entre as seis mellores para loitar polo campionato. Unha victoria, certificaría xogar no grupo de arriba que conleva a permanenza na categoría. As xogadoras carballesas dependen de si mesmas, necesitan anotar dous sets en Pontevedra no caso de que algún dos seus rivais directos (Secreto Galaico Xuvenil Teis e Jealsa Boiro) gañe por 3-0 ou 3-1.
Pola súa banda as xuvenís do Gestiber Xiria afrontan este último encontro sen xogarse nada, mais ben como preparación para a segunda fase na que deberán de dar o mellor para lograr permanecer na categoría.
Mañán de voleibol o sábado no Monte das Moas para o equipo infantil A e o equipo Alevín. Xornada de diversión para seguir mellorando e traballando.
O sábado á tarde tócalles o turno ós benxamíns de Xiria Volei, que terán a súa primeira xornada de volei da tempada con outros clubes. Esta primeira xornada xogarase nas pistas do Colexio Liceo de A Coruña, onde os rapaces vivirán unha tarde chea de volei para aprender, divertirse e coñecer outros rapaces cas mesmas inquietudes.