O Asesoría Cervantes Xiria proclamouse onte en Ourense, Subcampión Galego Senior, nun remate espectacular de tempada, que ven acompañado dunha praza para a Fase de Ascenso a 1ª División Nacional.
As carballesas chegaban a Ourense con baixas importantes, e con varias xogadoras mermadas físicamente, aínda así non querían escudarse en excusas, polo que había que ir a por todo co que había. A tensión, o madrugón, os problemas físicos e a falta de adestramento durante toda a tempada; unha vez en Ourense quedaban atrás e había que pensar única e exclusivamente no que tocaba.
Ás 9:00 da mañán os equipos saltaban a pista 2, do Pazo dos Deportes Paco Paz. O plantel adestrado por García de Dios e Mariño non era o favorito na súa semifinal ante o Club Voleibol Bruxas – IES Ames, xa que caeran de forma contudente nos dous encontros disputados durante a tempada. Pero o equipo bergantiñán estaba convencido de que ían a gañar o encontro, xa que no final de tempada xa conseguiron xogar varios encontros a bo nivel. O gran escollo eran elas mesmas, tiñan que saír concentradas dende o minuto cero, e levar a batuta do encontro coma así foi. O equipo comezou moi seguro e foi tomando vantaxe no marcador, facendo moito dano co seu saque e cun xogo variado. As carballesas desenrolaron o guión á perfección para levarse a semifinal por 0-3 (21-25/20-25/17-25) e prantarse na gran final, xa sabedoras que tiñan gañado o billete para a Fase de Ascenso a 1ª Nacional.
Xa na tarde as xogadoras, comezaron ás 16:00 h o quecemento para a final nas zonas anexas a pista central, onde transcurría o tercer e cuarto posto polo Campionato Galego Senior Masculino, que se estaba a xogar á par no mesmo complexo deportivo. Despois de gañar ó equipo de Ames, nas semifinais, tocaba xogar a final co favorito ó título e campión da 1ª Fase o Caldaria Voleyourense, que se desfixera a mañán en semis do Club Deportivo Padre Faustino – Calasancias de A Coruña. A tarefa se prevía complicada, xa que tratábase do único equipo ó que as carballesas non consegueran dobregar en toda a tempada e querían conseguer o mesmo que a mañán xa que sucedía o mesmo. O encontro comezou igualado ata o punto 16, pero a pesar de esta igualdade o equipo non tiña que ver co da mañán, xa que non estaban xogando nada ben. As de Ourense aproveitaron o xogo plano, e cheo de erros non forzados do seu rival para levar o primeiro set sen apenas esforzo. A pesar das gañas e os cambios nas filas verdinegras a tónica foi semellante nos dous seguintes xogos, no que un Caldaria moi sólido superaba claramente a un Asesoría Cervantes Xiria que cometía moitos erros, pechando así o encontro pola vía rápida 3-0 (25-18/25-19/25-15), e proclamándose merecidamente Campión Galego Senior Feminino 2016.
A A.D. Xiria ten que valorar entre hoxe e mañán se é posible acudir á Fase de Ascenso a 1ª División Nacional que se celebrará entre o 6 e o 8 de maio en Avilés, xa que mañán é o último día para confirmar a súa participación. Ó esforzo económico que supón para o club acudir a esta cita, hai que sumarlle a falta de efectivos co que se encontraría o equipo, debido as xogadoras que por traballo, estudios e lesións non poderían presumiblemente viaxar ata Avilés. Se poida ou non participar na Fase de Ascenso, o club está moi ledo polo último ano, despois de conseguir o ascenso vai case un ano a 1ª División Autonómica Senior. A nova competición atragantouse no comezo da tempada, e foron determinantes as baixas que por desgraza acompañaron ó equipo durante tódala competición ata hoxe. A pesar de rematar no penúltimo posto a primeira volta da liga regular, as xogadoras loitaron para clasificarse, e contra pronóstico venceron na última xornada da 1ª Fase ó segundo clasificado para conseguir o seu obxectivo que traia de agasallo a permanenza na categoría. Na 2ª fase bastoulle ás carballesas con dobregar nos dous encontros o potente Autos Cancela Zalaeta para conseguir a clasificación para a final a catro polo título galego.
Queremos felicitar a tódolos participantes na final a catro feminina así coma os participantes na final a catro masculino que se disputou á par. O medalleiro quedou da seguinte forma:
Campionato Galego Senior Feminino: Caldaria VoleyOurense (campionas), Asesoría Cervantes Xiria (subcampionas), Club Deportivo Padre Faustino Calasancias Coruña (terceiras) e Club Voleibol Bruxas – IES Ames (cuartas).
Campionato Galego Senior Masculino: Volei Dumbria (campións), Club Deportivo Padre Faustino Calasancias Coruña (subcampións), Asesores Vila Castro Burgas Volei (terceiros) e Jealsa Boiro Voleibol (cuartos)
As xogadoras que participaron na final a catro no Asesoría Cervantes Xiria foron: Beatriz Souto, Gema Aldana, Sofía Vila, Jennifer García, Lucía González, Patricia Fernández, Loreto Tarrío, Uxía Caamaño, Silvia Rodríguez, Raquel Noya, Asier García de Dios (1º adestrador), Rosalino Mariño (2º adestrador), Paula Rodríguez e Leire (Delegadas).
Dende Xiria Volei queremos agradecer o apoio e a colaboración a tódalas entidades públicas e privadas que patrocinan e colaboran connosco, así como a tódolos xogadores e membros do club, familias e afeccionados que nos mostran o seu apoio e cariño día a día. Tamén queremos facer especial mención á xogadora do Asesoría Cervantes Xiria, Noelia Cotelo, que non puido acudir á final a catro debido ó terrible accidente que sufriu a súa prima fai uns días, a atleta carballesa Vanessa Lafuente, e queremos aproveitar para mandarlles tanto a ela coma a súa familia toda a forza de Xiria Volei para superar este duro trance, e coa esperanza de que todo quede nun susto.
Mais fotos: