Domingo 28 de Febreiro de 2016 – 16:00 h
P. Zalaeta (A Coruña)
Zalaeta – Asesoría Cervantes Xiria
1 – 3 (25-20/18-25/21-25/19-25)
O equipo carballés comeza a súa andaina cunha victoria no grupo A na 2ª Fase da 1ª División Autonómica Senior Feminina. Despois de clasificarse entre os seis primeiros na liga regular, o conxunto carballés loita por conseguir unha das dúas prazas do grupo, que as metería na final a catro da máxima competición autonómica.
No primeiro xogo do encontro, ámbolos dous conxuntos comezaron igualados. Esta tónica cambiou a partir do punto 12 no que as do instituto, marcháronse 5 puntos no electrónico cun xogo moi completo, vantaxe que mantiveron ata finiquitar o set do seu carón.
O set comezou moi similar ó anterior, pero a partir do punto 10 voltáronse as tornas respecto ó xogo anterior, as verdinegras conseguían tomar vantaxe axustando o seu xogo e, sobre todo, non cometendo tantos erros non forzados.
Ca contenda igualada reanudábase o encontro, cunha dinámica moi similar ó resto do encontro, no que ningún equipo lograba consolidar unha vantaxe clara. A partir do empate a 19, o Xiria comeza a arañar algún punto mais nas súas roldas de saque ata pechar o set o seu favor.
Xa co encontro de cara as xogadoras de García de Dios e Mariño, saltan á cancha pensando en pechar o antes posible o encontro. Os conxuntos parece que repiten outra vez o mesmo guión cuns inicios outra vez moi igualados, ata que no empate a 6 as carballesas toman vantaxe cun moi bo saque que comeza a minar a recepción local e logran marcar a maior distancia do encontro cun parcial de 0-9. A pesar dos esforzos do Zalaeta o maior número de imprecisións en ataque e recepción convertíronse en un obstáculo insalvable, concedendo a victoria a Xiria Volei.
A vindeira semana, toca xornada de descanso para o Asesoría Cervantes Xiria.
No Xiria xogaron: 1. Noya, 2. Cancela, 3. González, 7. García, 9. Cotelo, 13. Souto, 14. Tarrío, 15. Rodríguez e 17. Rostro (líbero).
Domingo 28 de Febreiro de 2016 – 11:00 h
P.M. Coristanco (Coristanco)
Gestiber Xiria – Fisio Che Ben San Sadurniño
3 – 0 (25-13/25-13/25-12)
Primer encontro da 2ª Fase para as xuvenís do Gestiber Xiria, no que xogan por manterse na 2ª División Autonómica.
As xogadoras de Souto e Tarrío, conseguiron a primeira victoria desta fase, tras gañar cómodamente ante o equipo de San Sadurniño (procedente da 3ª división). Salvo nos inicios do encontro, que foron mais igualados, o resto do tempo as carballesas levaron a batuta do xogo. O saque e a superioridade no resto de aspectos do xogo, sumado a non realizar demasiados erros non forzados foi suficiente para anotarse a victoria.
As carballesa viaxarán a vindeira semana a Boiro para enfrontarse ó Atlético Boiro.
No Gestiber Xiria xogaron: 5. Fernández, 7. Lista, 9. Caamaño, 11. Vila B., 13. Rega, 14. Vila C., 15. Ramos e 16. Aldana (líbero).
Sábado 27 de Febreiro de 2016 – 17:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Hierros Varela Urbieta Xiria – CV Ribeira Sacra
2 – 3 (20-25/12-25/25-23/25-18/11-15)
Primeiro encontro das cadetes na 2ª fase da competición, na que están a loitar por unha praza que lles outorgue o ascenso á 2ª División Autonómica.
As xogadoras de Outeiro comezaron moi atacadas o encontro, con moitos nervos e aínda así mantiveron o tipo ante un equipo que xogou a liga regular nunha división superior á das carballesas. Non puido ser no primeiro set, e sumado ós nervos que seguían atenazando ás verdinegras, o Ribeira Sacra aproveitou para subir o 0-2 ó marcador. Chegado este momento, ás locais sacaron tódala súa garra e loitando tódolos puntos lograron igualar o encontro. O último set, a pesar da igualdade decantouse para o equipo visitante.
A próxima semana, xornada de descanso para o equipo cadete.
No Xiria xogaron: 1. Sarah, 3. Elena, 4. Sofía, 5. María, 6. Lucía, 8. Rosalía, 9. Marta e 16. Blanca.