Onte pola mañá fíxemos a presentación oficial do torneo Fundación Luis Calvo Sanz co alcalde de Carballo, o cal se celebrará o vindeiro domingo na praia de Razo como xa avanzamos anteriormente. Tras un ano no que non puidemos celebralo polas causas sanitarias, este ano pretendemos volver a traer o torneo xa que moita xente nolo estaba a pedir.
Só temos un par de cambios con respecto aos outros anos e son, que tivemos que inscribir a menos participantes dos que nos gustaría por evitar demasiadas aglomeracións e que este ano non poderemos disfrutar de esa paella que ofrecemos a tódolos participantes do torneo. Polo resto, intentaremos ter unha organización o máis completa posible e cumplir todos os protocolos que se nos propoñan.
Recordamos que as categorías que disputarán o torneo son: senior masculino e feminino, sub-17 másculino e feminino, sub-12 e super-80 masculino e mixto.