Previa xornada do 9-10 de Abril de 2016

Cartel 9-10 Abril 2016

Domingo 10 de Abril de 2016 – 11:45 h
P.M. Paco Paz (Ourense)

Caldaria VoleyOurense – Asesoría Cervantes Xiria

O equipo senior feminino de Xiria Volei xogará, o seu último encontro da 2ª Fase do Grupo A da 1ª División Autonómica, o vindeiro domingo fronte ó lider da liga regular e da 2ª Fase o Caldaria VoleyOurense. Os dous equipos loitarán pola primeira praza do grupo de cara ós cruces da final a catro da competición que se xogará o 23 de Abril en sede aínda por determinar. As ourensáns acuden ó choque despois da súa primeira derrota da tempada na casa do Autos Cancela Zalaeta na pasada xornada. O equipo carballés afrontará o choque baixo mínimos, xa que conta con varias baixas para o encontro. Aínda así as verdinegras queren tentar o asalto ó primeiro posto do grupo, despois dunha tempada con moitos altibaixos no que o conxunto foi de menos a mais, clasificándose in extremis para os grupos polo título, e contra todo pronóstico entre os catro mellores que loitarán por alzarse co título da máxima competición autonómica.

Sábado 9 de Abril de 2016 – 12:00 h
P.M. Carballo Calero (Carballo)

Gestiber Xiria – Alianza Española Seguros CV Pontevedra

O equipo carballés que milita esta tempada na 2ª División Autonómica Xuvenil, loitará pola permanenza no último encontro da 2ª fase. Aínda que unha derrota podería servir en función de outros resultados, as carballesas saltarán á cancha concentradas en apuntarse a victoria para non ter que depender de terceiros. O conxunto de Carballo ocupa a 2º praza do grupo, posto que teñen que manter para lograr a permanenza directa. De acabar na terceira praza, aínda terían que xogar unha eliminatoria a dobre volta decisiva para saber en que categoría xogarán a próxima tempada.

Sábado 9 de Abril de 2016 – 16:15 h
Casa do Deporte (Lugo)

Voleipraia Lugo – Hierros Varela Urbieta Xiria

O equipo que milita na 3ª División Autonómica cadete, xogará o último encontro desta fase este fin de semana. As carballesas ocupan a última praza no seu grupo, e terán que xogar a fase final eliminatoria onde se decidirá se ascenden de categoría. A falta dos resultados desta xornada, todo parece indicar que terán que xogarse o ascenso nunha dobre eliminatoria fronte ó Burgas de Ourense.

Encontros 9 de abril de 2016 inf-alev

Pola súa banda as competicións de Xogade de Deporte Escolar continúan a súa marcha.

Na categoría infantil este fin de semana xogará os seus dous últimos encontros o Hierros Varela Urbieta Xiria fronte ó Liceo e o Calasancias B. As carballesas ocupan actualmente a 4ª posición, e terán que loitar polas victorias para ter opcións de clasificarse para as finais provinciais. Pola súa banda o Almacenes Agro Xiria de categoría infantil continúa intratable e mantense invicto na mesma competición. Este fin de semana tócalles descanso, e de seguir así teñen moitas opcións de clasificarse para as finais provinciais.

Na categoría alevín, as carballesas mantéñense na oitava posición da táboa clasificatoria a falta de catro encontros para finalizar a competición. Esta xornada enfrontaranse ó Calasancias A coruñés.

Xornada de descanso na categoría benxamín, que despois da última xornada coloca en 7º e 10º lugar ó Xiria A e Xiria B respectivamente.