O vindeiro fin de semana tódolos equipos en liza de Xiria Volei xogan na casa, salvo os equipos que participan nas competicións de Xogade que comezará en Xaneiro (data pendente de confirmar).
Na 2ª División Autonómica Xuvenil, o Gestiber Xiria xogará no Pavillón Carballo Calero o sábado ás 17 h co Concepción Arenal de Ourense, nun encontro no que as adestradoras carballesas Souto e Tarrío esperan que o equipo amose a súa mellor cara contra o sétimo clasificado cunha victoria mais cas verdinegras.
O domingo agárdanos unha mañá chea de voleibol no Pavillón Vila de Noia. Comezará a voar o balón ás 10:30 h no encontro correspondente á 3ª División Autonómica Cadete, que enfrontará ó Hierros Varela Urbieta Xiria fronte ao CDC Santa María del Mar (A Coruña). O adestrador Luis Outeiro agarda repetir a victoria lograda ante este mesmo equipo en Coruña na primeira xornada de liga.
De seguido, previsto para as 12:30 h dará comezo o encontro que enfrontará ó Asesoría Cervantes Xiria da 1ª División Autonómica Senior fronte ó CVP Alianza Española Seguros S.A. (Pontevedra) 2º clasificado e actual subcampión de liga. Encontro moi complicado para as aspiracións das xogadoras de García de Dios ante un rival moi difícil.