O Asesoría Cervantes Xiria gaña 1-3 na casa do Dompa Gestión

Asesoría Cervantes Xiria da 1ª División Senior Autonómica Feminina

Asesoría Cervantes Xiria da 1ª División Senior Autonómica Feminina

Onte á noite as xogadoras do Asesoría Cervantes Xiria lograron unha importante victoria en Ourense contra o Dompa Gestión situado antes do encontro a un punto das carballesas. As xogadoras de García de Dios saltaron a cancha moi concentradas e confiadas nas súas posibilidades, e sendo coñecedoras da importancia do encontro, vital para escapar dos postos finais da clasificación. O equipo verdinegro mostrou a súa mellor cara nos dous primeiros sets gañando con comodidade. O terceiro set foi nefasto, o equipo de Ourense repúxose cun moi bo saque forzando moitos erros nas filas carballesas, e a pesar dos tempos mortos do adestrador e dos cambios as xogadoras continuaron con moitos erros e en ningún momento plantaron cara o seu rival. O derradeiro set foi moi complicado, xa que as carballesas non encontraban a senda da recuperación, e non conseguian acercarse no marcador. Parecía todo perdido cando o Dompa conseguiu unha gran diferenza (23-15) que parecía insalvable, e que facía pensar nun quinto set, pero cun gran saque e nun último esforzo o Asesoría Cervantes Xiria centrouse en non cometer erros pasados e conseguiu unha gran remontada para pechar o encontro.

Dompa Gestión – Asesoría Cervantes Xiria

1-3 (18-25 / 18-25 / 25-13 / 24-26)

Á espera do resto de resultados da xornada o Xiria sube ata a sétima plaza, despois do parón navideño o Xiria reanudará a competición na casa ante o Calasancias que se sitúa xusto por riba das carballesas.

Xogaron polo Asesoría Cervantes Xiria: 1. García, 2. Cancela, 3. Souto, 4. Vila, 7. Rodríguez, 8. Caamaño, 9. Cotelo, 12. González, 13. Noya, 14. Tarrío e 17. Lista.

Gestiber Xiria de 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina

Gestiber Xiria de 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina

As xogadoras carballesas caeron derrotadas no seu desprazamento á cidade olívica ante o Club Voleibol Vigo. O encontro foi moi igualado nos dous primeiros sets puidendo caer de calquera banda, pero as xogadoras de Vigo estiveron mais acertadas nos finais de set, decantando a balanza do seu lado. No tercer set o xogo das carballesas estivo moi desdibuxado permitindo ó equipo olívico marcharse claramente no marcador para pechar o encontro.

Club Voleibol Vigo – Gestiber Xiria

3 – 0 (26 – 24 / 26 – 24 / 25 – 11)

As xogadoras de Souto e Tarrío, agardan a volta do nadal o Club Voleibol Atlético Boiro.

Xogaron polo Gestiber Xiria: 1. Arán P., 5. Arán L., 6. Gómez, 7. Lista, 9. Caamaño, 12. Fernández, 13. Rega, 14. Vila, 15. Ramos e 18. Aldana (Líbero).

Hierros Varela Urbieta Xiria de 3ª División Autonómica Cadete Feminina

Hierros Varela Urbieta Xiria de 3ª División Autonómica Cadete Feminina

As xogadoras do caeron derrotadas en Narón ante o Podoloxía Esteiro Narón Volea. Nun mal partido das xogadoras de Luis Outeiro, que cometeron numerosos erros en recepción e defensa que non lles deixou opción ante o líder invicto do grupo e único equipo capaz de derrotar as verdinegras no que vai de liga.

Podoloxía Esteiro Narón Volea – Hierros Varela Urbieta Xiria

3 – 0 (25 – 9 / 25 – 18 / 25 – 16)

Xogaron polo Hierros Varela Urbieta Xiria: María, Lola, Sofía, Sarah, Paloma, Lucía, Rosalía e Elena.