Domingo 20 de Marzo de 2016 – 12:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Asesoría Cervantes Xiria – Autos Cancela Zalaeta
3 – 2 (25-13/25-16/15-25/21-25/15-9)
Despois dunha tempada con moitos altibaixos, o Asesoría Cervantes Xiria certificou hoxe a súa clasificación para a final a catro polo Campionato Galego da 1ª División Autonómica Senior. A falta de dúas xornadas para rematar esta 2ª Fase, xa está clasificado tamén o Caldaria VoleyOurense, e queda por dirimir que outros dous conxuntos obterán o pase.
Encontro de máxima tensión o vivido hoxe no Vila de Noia carballés, onde os dous equipos sabían que se xogaban moito e que non debían fallar.
No primeiro xogo do encontro, as coruñesas poñían un 0-7 no marcador cun gran saque, que facía dubidar ás carballesas das súas opcións no encontro. Xa co saque nas súas mans as carballesas recortaban distancias sumando catro puntos consecutivos, e a partir de eiquí foron pouco a pouco recortando as distancias ata darlle a volta ó marcador. No 15-10, a colocadora do Zalaeta lesionase e as locais aproveitan para apretar co saque causando moito dano na recepción visitante e logrando pechar o set con claridade.
Xa de volta na cancha, as verdinegras poñen a directa e mandan dende o inicio ata o final, mantendo en todo momento as distancias no marcador cun xogo sen fisuras.
Co 2-0 a favor, as xogadoras de García de Dios e Mariño baixan o nivel de xogo e comezan a cometer erros non forzados, momento no que as herculinas aproveitan para irse claramente no marcador.
No cuarto set, as carballesas voltan a mandar no marcador mantendo unha pequena distancia, pero a partir do punto 14, o Zalaeta consegue igualar e tomar un par de puntos de vantaxe. O Xiria aguanta o tirón ata o punto 20 pero os saques e os ataques rivais fan mella na recepción e defensa carballesa, que suma varios erros non forzados consecutivos.
No 5º e definitivo set, a tensión e máxima, pola importancia da victoria. As carballesas teñen moi claro que de non gañar, se lles podería complicar moito a clasificación para a final a catro. Os inicios do set sucédense con cambios continuos, ata que no 5-6 as carballesas cun gran saque toman 4 puntos de vantaxe que sería definitiva para evitar a remontada das visitantes.
A vindeira xornada despois de semana santa, as carballesas teñen xornada de descanso a falta do último encontro da fase que a xogarán o 10 de abril en Ourense.
A final a catro polo Campionato, xogarase o 23 de Abril, polo que as carballesas terán un mes para prepararse e recuperar ás xogadoras tocadas.
No Asesoría Cervantes Xiria xogaron: 1.Noya, 3.González, 5.Caamaño, 7.García, 8.Vila, 9.Cotelo, 13. Souto, 14.Tarrío, 15. Rodríguez e 17.Rostro (líbero).
Sábado 19 de Marzo de 2016 – 10:30 h
P.M. San Sadurniño
FisioCheBen San Sadurniño – Gestiber Xiria
0 – 3 (11-25/12-25/20-25)
Gran victoria das xuvenís do Gestiber Xiria, no encontro correspondente á 2ª fase da 2ª división da categoría. As carballesas están a loitar por non descender.
O equipo mantense entre as dúas primeiras prazas do grupo, o que lles daría a permanenza directa. A volta das vacacións de semana santa, xogarán os dous últimos encontros da fase na casa ante o Club Voleibol Atlético Boiro e o CV Pontevedra.
Tras a melloría no xogo nos dous últimos encontros, o grupo espera poder brindarlle as dúas últimas victorias da tempada a súa afección na casa.
Sábado 19 de Marzo de 2016 – 17:00 h
P.M. A Pinguela (Monforte de Lemos)
CV Ribeira Sacra – Hierros Varela Urbieta Xiria
3 – 0 (25-10/25-9/25-11)
Victoria clara das monfortinas ante as carballesas no encontro correspondente a 2ª fase de categoría cadete, no que os equipos están a loitar por unha praza a vindeira tempada na 2ª división autonómica.
Rival moi completo o que se encontrou o equipo de Carballo en Monforte. As monfortinas adiantáronse dende o principio mandando no marcador ata a finalización do encontro, pouco puideron facer as verdinegras na súa visita a Monforte.
As carballesas non coñecen a victoria nesta fase, a falta dun encontro para a súa finalización. A pesar das derrotas, queda moito por facer, xa que na fase eliminatoria e onde se xogarán o ascenso. Esta segunda fase, serve para dirimir as posicións como cabezas de serie para a fase final eliminatoria onde se decidirá realmente qué equipos xogarán a próxima tempada na 2ª división autonómica cadete.