ENTREVISTA CO NOSO ENTRENADOR YAGO ÁLVAREZ

O equipo senior masculino retoma a competición o 11/01 sábado ás 17h no Pavillón Restollal , contra o Voleibol Santiago. Aproveitando as festas e o parón deportivo, fixémoslle unha serie de preguntas a Yago Álvarez, o noso entrenador do senior masculino, co seguinte resultado:

Como valoras a situación actual do equipo?

Ben, somos un equipo no que, ante todo, hai que destacar que unha gran porcentaxe de xogadores residen na Coruña, moitos deles con ocupacións profesionais e doutro tipo que fan complicado ter un número elevado de adestramentos, reducíndoo a dous por semana. Neste punto penso que non podemos pedir moito máis; hai unha grande marxe de mellora, pero debido á escaseza de adestramentos vai mais lento do que me gustaría.

Cales deberían ser as súas aspiracións?

Non me escondo, sen dúbida a fase de ascenso

Cal foi o maior reto que atopaches ao chegar?

Cando falamos dun deporte amateur onde o nivel de esixencia e compromiso que se pode pedir é limitado, o maior reto para min é conseguir un alto nivel do anterior, pero de forma natural, que a xente veña aos adestramentos contenta, con ganas de pasar un bo rato. Para iso hai que dedicar tempo a planificar sesións que mesturen sempre a parte competitiva coa diversión.

Maior virtude e defecto do grupo

A maior virtude para min é un AMBIENTAZO tremendo, onde as relacións persoais entre os xogadores son moi boas. Isto facilita moitas dinámicas para calquera adestrador, xa que hai unha clara visión de equipo por encima dos egos persoais e axuda moito ao meu labor.
Como defecto, diría a excesiva confianza coa que se afrontan moitos partidos, o que en ocasións nos custou a perda de puntos.