O equipo carballés finalizou a primeira fase da competición de Xogade sen ceder ningún set, nos sete encontros xogados na fase zonal da Coruña. O último encontro era o mais complicado debido a que o contricante, o Colexio Liceo, tamén chegaba invicto ó enfrontamento. As xogadoras do Almacenes Agro Xiria lograron finalizar o encontro cun marcador favorable de 2-0 (25-17/25-18), o que supuxo a clasificación para as finais provinciais sen ceder nin un sólo set en tódala competición.
As verdinegras saltaron á cancha con moita tensión, o que provocou numerosos erros non forzados e despistes no xogo, que non son propios do equipo. O Liceo puxo en apuros ó equipo bergantiñán replicando con éxito os saques e ataques das nosas, aínda así as xogadoras de Souto e Tarrío lograron tomar vantaxe para sumar o primeiro set do encontro.
Xa no segundo xogo, as adestradoras carballesas déronlle entrada a tódalas xogadoras que non participaran no primeiro set. O encontro continuou ca mesma tónica, igualdade no tanteo, cun Liceo moito menos errático e as xogadoras de Carballo descolocadas. Xa mediado o set e nos momentos de maior confusión do set, as carballesas realizaron un cambio para tentar tranquilizar o xogo. A partires de eiquí o set continuou e, o igual que no primeiro, as carballesas romperon a igualdade para pechar o set e o encontro o seu favor.
Agora o equipo ten algo menos dun mes para preparar as finais provinciais da competición de Xogade, que se celebrarán o 28 de maio en Noia.
As alevíns de Xiria Volei caeron ante o Colexio Liceo por 2-0. As xogadoras de Outeiro conforman un equipo moi xoven que está a traballar moi ben e que ten moito futuro por diante. O Hierros Varela Urbieta Xiria de categoría alevín xogará o último encontro a vindeira fin de semana para rematar a competición por este ano.