Importante victoria do Asesoría Cervantes Xiria

Xornada 12: Xiria - Calasancias senior

Domingo 10 de Xaneiro de 2016 – 12:30 h
Pavillón Vila de Noia (Carballo)

Asesoría Cervantes Xiria – Calasancias Coruña

3 – 0 (25-23/25-15/25-19)

Encontro correspondente á xornada número 12 da 1ª Fase da Liga de 1ª División Autonómica Senior Feminina.

As carballesas enfrontáronse a un rival directo, situado xusto por riba do Xiria cun punto mais. O equipo coruñés venceu con solvencia ás carballesas na primeira volta por un contundente 3-0, polo que a pesar de acudir a Carballo con baixas o cadro verdinegro esperaba a un duro rival, difícil de batir. O encontro comezou de cara para as locais, que conseguiron vantaxe no marcador, que tiraron pola borda na metade do set, dándolle vantaxe ó equipo rival que se colocou no punto 23, a tan so dous puntos de pechar o set, pero as carballesas lograron un parcial de 6-0 para levarse o xogo.

No comezo do segundo set, mostrouse un equipo mais concentrado que non quería mais sorpresas, conseguindo un parcial inicial de 6-0. As carballesas mantiveron a vantaxe e a acrecentaron ata conseguir anotarse o segundo set por 10 puntos de vantaxe.

No derradeiro set o xogo local pegou un baixón polo que o adestrador García de Dios solicitou un tempo morto, para darlles un toque de atención as súas xogadoras e cortar a racha rival. O Xiria conseguiu acortar as distancias pero as coruñesas continuaron mantendo a vantaxe lograda ata o punto 17 no que as carballesas voltaron a igualar o marcador, e mais concentradas no seu xogo tomaron distancia no último tramo do set para terminar con solvencia o encontro.

No Asesoría Cervantes Xiria xogaron: 1. García, 2. Cancela, 3. Souto, 4. Vila, 7.Rodríguez, 8. Caamaño, 9. Cotelo, 12. González, 13. Noya, 14. Tarrío e 18. Rostro.

Con esta victoria o Asesoría Cervantes Xiria sube dous postos na clasificación, situándose na 5ª posición a un e dous puntos dos seguintes clasificados respectivamente. A vindeira semana, as carballesas terán unha labor moi complicada para non perder posicións xa que os seus perseguidores teñen a priori encontros mais asequibles e as xogadoras de Carballo visitarán ó lider invicto, o Caldaria VoleyOurense.

Xornada 12: Xiria - Boiro Xuvenil

Domingo 10 de Xaneiro de 2016 – 10:30 h
Pavillón Vila de Noia (Carballo)

Gestiber Xiria – Club Voleibol Atlético Boiro

2 – 3 (24-26/25-22/25-18/26-28/12-15)

Encontro correspondente a xornada 12 da 1ª Fase da 2ª División Xuvenil Feminina, moi reñido entre as carballesas e as boirenses que puido acabar en victoria para calquera dos dous equipos.

As xogadoras de Tarrío e Souto mantiveron o marcador igualado ata case o final do set, momento no que as visitantes aproveitaron para marcharse no marcador uns puntos, quedando as locais sen opcións para a remontada.

Nos tres seguintes sets, os marcadores estiveron igualados, e no momento que algún dos equipos tomaba vantaxe pronto desaparecía. As carballesas conseguiron anotarse o segundo e o tercer set, pero no cuarto que parecía que era o momento de pechar o encontro, foiselles das mans, forzando as boirenses o quinto set.

No derradeiro set, as xogadoras carballesas saíron moi desacertadas á cancha, recibindo un contundente parcial de 0-8. Pouco a pouco as locais conseguiron diminuir a vantaxe das boirenses pero ó final non foron capaces de finalizar a remontada, perdendo un encontro moi disputado en cada un dos seus sets.

No Gestiber Xiria xogaron: 1.Blanca, 9.Marta, 15.Mirian, 14.Sofía, 8.Uxía, 17.Estela, 6.Savannah, 7.Ana, 11.Gema, 2.Patricia e 13.Lidia.

A vindeira xornada as carballesas teñen xornada de descanso.

Hierros Varela Urbieta Xiria de 3ª División Autonómica Cadete Feminina

Hierros Varela Urbieta Xiria de 3ª División Autonómica Cadete Feminina

Sábado 9 de Xaneiro de 2016 – 12:00 h
Pavillón Santa María do Mar (A Coruña)

CDC Santa Maria do Mar – Hierros Varela Urbieta Xiria

0 – 3 (16-25/22-25/15-25)

O Hierros Varela Urbieta de 3ª División Autonómica Cadete Feminina continua coseitando moi bos resultados no Grupo A da 1ª Fase. O equipo gañou claramente ante o seu rival, nun encontro sen mais historia. As carballesas relaxáronse no segundo set, pero conseguiron recuperarse e remontar a diferencia de cinco tantos no marcador.

As xogadoras de Luis Outeiro xogaran a vindeira xornada na casa fronte ó San Sadurniño.

No Hierros Varela Urbieta xogaron: María, Lola, Rosalía, Lucía, Sofía, Paloma, Elena e Sarah.