Fin de semana moi importante para os equipos de Xiria en competición. O primeiro equipo, voltará a xogar en Carballo o domingo, ca necesidade de sumar a terceira victoria da campaña e os tres puntos que o afastarían do último posto da táboa, lugar ocupado polo rival do fin de semana. As xogadoras García de Dios teñen que saír a por unha victoria que lles posibilite non descolgarse dos postos medios da táboa. O encontro que enfrontará ó Asesoría Cervantes Xiria de 1ª División Autonómica Senior Feminina fronte o Mel – Fror Emevé comezará ás 12:30h o vindeiro domingo 13 no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).
O día anterior, sábado ás 20:00h tamén no Pavillón Municipal Vila de Noia, as rapazas do Gestiber Xiria de 2ª División Autonómica Xuvenil Feminina recibirán ó seu predecesor na táboa e último clasificado. A pesar dos antecedentes nesta tempada no que as carballesas gañaron con solvencia ó Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo, non se deben confiar e deben traballar duro para conseguir a segunda victoria consecutiva na casa.
As xogadoras do Hierros Varela Urbieta Xiria, son as únicas que xogan fora nesta xornada e terán que desprazarse ata o Pavillón Municipal de San Sadurniño para enfrontarse ó Fisio Che Ben San Sadurniño. O equipo mantense segundo na clasificación do grupo A da 3ª División Autonómica Cadete Feminina, cun encontro menos.