As infantís do Almacenes Agro Xiria xogarán o sábado a final a catro provincial da competición de deporte escolar Xogade.
Despois de proclamarse campionas da fase zonal da Coruña-Ferrol gañando todos os encontros disputados sen ceder ningún set, disputarán a súa semifinal ante o EDM Padrón ás 10:00h do sábado no PM Alonso Rodríguez de Noia. A outra semifinal a protagonizarán á mesma hora o Colexio Liceo e o Mexillón de Ouro Club Voleibol Rianxo. Os vencidos xogarán ás 17:00h o tercer e carto posto, e os gañadores das semis xogarán a gran final ás 18:30h.
O longo do día xogaranse tamén as finais a catro das categorías benxamín e alevín femininas, masculinas e mixtas.
Ás 20:30h finalizará a xornada ca entrega de trofeos e medallas.