Derrota pola mínima do Asesoría Cervantes Xiria

foto-8-10-16-19-49-49

marcador-asesoria-bruxas-xornada-1

O Asesoría Cervantes Xiria conseguiu un punto no arranque da competición a pesar da derrota.

O equipo senior de Xiria Volei voltaba á competición ante o CV Bruxas – IES Ames nun encontro que se esperaba moi complicado. Os pronósticos cumpríronse e onte no Vila de Noia os siareiros presentes desfrutaron dun encontro longo e disputado.

O equipo carballés comezou forte o encontro pero a partir de mediado o set, as de Ames tomaron a directa para anotarse o primeiro set.

No segundo e terceiro set os cambios introducidos polo técnico carballés deron o seu froito, as carballesas remontaron o encontro sen que o xogo visitante fixera peligrar o marcador.

Os dous últimos xogos do encontro decantaronse polas visitantes que mostraron a súa mellor faciana ata o momento, ante un Xiria mermado físicamente que tirou de corazón pero que non puido facer fronte ás de Ames nos momentos finais.

 O adestrador carballés Christian Pallas, rematado o encontro, destacou o traballo excelente realizado polo equipo tendo en conta a falla de rodaxe do equipo, que vai a ser o gran handicap nos inicios da competición. Agora agardan moitos aspectos que pulir pasiño a pasiño para aumentar a capacidade competitiva do conxunto.

Xogaron no Asesoría Cervantes Xiria: 1. Noya, 3. González, 4. Castro, 6. Soto, 7. García, 8. Rodríguez P., 9. Caamaño,  11. Aldana, 13. Souto, 15. Rodríguez S., 17. Fernández (líbero) e 18. Ponte. Adestradores: Pallas e Amado.

foto-8-10-16-15-34-35

marcador-gestiber-naron-xornada-1

Na primeira xornada da Segunda División Autonómica Xuvenil, as xogadoras carballesas caeron con claridade ante o Podoloxía Esteiro – Narón Volea.

O encontro disputado onte no Carballo Calero non tivo moita historia xa que as visitantes mostraronse superiores de principio a fin.

As verdinegras teñen moito que mellorar xa que é un equipo moi xoven e con moito traballo por diante. O que vai a ser un gran handicap nos inicios debe convertirse na gran arma según avance a tempada pola marxe de mellora que se lle supón ao conxunto. O esforzo e a capacidade de sacrificio serán determinantes para o crecemento individual coma colectivo.

Xogaron no Gestiber Xiria: 1. Aldana, 5. Fernández, 6. Souto, 7. Sueiro, 8. Mato R., 9. García, 11. Méndez, 12. Mato B., 15. Ramos, 16. Barca e 18. Varela (líbero). Adestradora: Souto.