Durante o mes de setembro poderás probar os adestramentos da A.D. Xiria Volei e coñecer o noso deporte.
O voleibol é un deporte moi técnico que require forza de brazos e potencia de pernas, ademais de velocidae de reacción e habilidades de coordinación xerais. É por este motivo que dende o Club A.D. Xiria Voleibol se recomenda esta actividade para nen@s que queiran iniciarse nun deporte de equipo a partires dos 7 anos.
A A.D. Xiria pon en marcha a tempada 2018/2019 a partires do vindeiro 4 de setembro no Pavillón Municipal Carballo Calero. Tod@s @s nen@s que queiran practicar este deporte poden achegarse a probar ao longo do mes de setembro sen compromiso. Consulta máis abaixo os horarios dispoñibles para realizar as probas.
Destinatari@s: nen@s a partires dos 7 anos