Domingo 6 de Marzo de 2016 – 12:00 h
P.M. Barraña (Boiro)
Club Voleibol Atlético Boiro – Gestiber Xiria
3 – 0 (25-17/25-16/25-17)
Mal encontro do Gestiber Xiria da 2ª División Autonómica Xuvenil. As carballesas xóganse nesta 2ª fase da competición manter a categoría para a próxima tempada. As xogadoras de Tarrío e Souto, non mostraron oposición ante o seu rival, nun encontro no que as locais foron moi superiores debido ós erros e imprecisións no xogo das carballesas.
As verdinegras cun encontro perdido e outro gañado sitúanse na segunda posición do seu grupo. O vindeiro fin de semana xogan na casa do Clube Voleibol Pontevedra, o sábado ás 17:30 h no Pavillón da Xunqueira.
Deporte Escolar
Sábado 5 de Febreiro de 2016
P. Monte das Moas (A Coruña)
XIRIA B – NARÓN VOLEA (CATEGORÍA INFANTIL): 2 – 0 (25-11/25-16)
As infantís do Xiria B gañaron claramente ó Narón Volea nun encontro no que o xogo baseouse fundamentalmente no saque. Hai moito que traballar e mellorar. O vindeiro sábado xogarán dous encontros, o correspondente a xornada e o aprazado polo temporal da semana anterior.
XIRIA A – ZALAETA B (CATEGORÍA INFANTIL): 2 – 1 (25-12/20-25/15-6)
O Xiria A conseguiu outra victoria, e segue con moi bo pé a competición. As carballesas gañaron con autoridade o primeiro xogo, pero no segundo os erros non forzados provocaron que estivera moi igualado, caendo o xogo finalmente en mans do equipo contrario. No derradeiro set, as carballesas mostraron o seu bo facer para pechar o encontro o seu favor. O vindeiro sábado toca xornada de descanso.
XIRIA – LICEO A (CATEGORÍA ALEVÍN): 2 – 0
O equipo alevín de Xiria Volei gañou o encontro antes de comezar, xa que o Liceo A non contaba co número mínimo de xogadoras esixido na categoría. Aínda así, as pequenas puideron xogar cas integrantes presentes do Liceo A. As alevíns voltan a competición o vindeiro sábado.