O sábado o Xiria Volei enfronta un dos partidos mais decisivos no que vai de campaña, xa que visitará ao líder, CV Oleiros, no Polideportivo Valle Inclán ás 19:30h.
Poderíamos falar case dunha final polo campionato ligueiro, xa que os de Yago Álvarez están obligados a asaltar o fortín do equipo das mariñas para manter as súas aspiracións.
Os tres enfrontamentos entre ambos equipos remataron nun desempate ao quinto set, asegurando unha loita encarnizada polos tres puntos.

