Domingo 31 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
P.M. Barrio das Flores (A Coruña)
Zalaeta – Asesoría Cervantes Xiria
3 – 0 (25-10/25-16/25-22)
Mal encontro das carballesas que en ningún momento do encontro lle plantaron cara o seu rival. O Zalaeta mostrouse moi forte xa dende o saque e o xogo do Xiria estivo cheo de imprecisións durante todo o encontro. Os numerosos erros no saque, recepción e colocación; non deixaron opcións ás verdinegras que non chegaron a entrar no xogo en todo o encontro.
Despois da derrota, o equipo dirixido por García de Dios e Mariño, cae ata a sétima posición na táboa clasificatoria empatado a puntos co rival da vindeira semana pero cunha victoria menos. Esta praza non lle sirve a Xiria para entrar na loita polo título e garantir xa a permanenza na categoría, polo que deberá gañar a próxima xornada para manter as opcións a falta de tres xornadas para o remate da 1ª Fase da liga.
Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 10:00 h
P. Valle Inclán (Oleiros)
As Mariñas Oleiros – Gestiber Xiria
0 – 3 (25-13/25-8/25-15)
As carballesas lograron onte unha clara victoria en Oleiros. A mellora no xogo das últimas semanas viuse recompensada. As xogadoras adestradas por Souto e Tarrío, saíron moito mais agresivas no saque, o que lles axudou a encarrilar o encontro. Fronte tiñan a un equipo moi xoven pero con moito futuro que mostrou os erros propios da súa idade, o que permitiu ás carballesas gañar con moita facilidade.
Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 16:00 h
P.M. Vila de Noia (Carballo)
Hierros Varela Urbieta Xiria – Santa María del Mar
3 – 0 (25-14/25-8/25-11)
As xogadoras adestradas por Outeiro, a falta de dúas xornadas para rematar a 1ª Fase da liga aseguraron ca victoria do sábado un posto na 2ª Fase nos grupos de loita por ascender a 2ª División Autonómica. O encontro non tivo mais historia xa que o conxunto verdinegro mostrouse superior ó rival en todo momento.
Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 10:30 h
P. Monte das Moas (A Coruña)
Narón Volea – Xiria A
3 – 0
Na competición infantil de Deporte Escolar, as carballesas do Xiria A caeron ante un equipo moito mais experimentado, onde os nervos propios dos primeiros encontros tampouco axudaron. A vindeira semana non hai competición polo que toca traballar para seguir aprendendo e mellorando.
Sábado 30 de Xaneiro de 2016 – 11:45 h
P. Monte das Moas (A Coruña)
Xiria – Zalaeta
2 – 0
O equipo Alevín de Xiria disputou o sábado o seu primeiro encontro da tempada. O equipo caeu ante o Zalaeta na primeira xornada da categoría na liga de Deporte Escolar. A vindeira semana non haberá competición debido as festas do Antroido. O equipo continúa o proceso de aprendizaxe, e mellora día a día.